A Forza Aérea de Turquía (turco: Türk Hava Kuvvetleri) é a rama de guerra aérea das Forzas Armadas de Turquía. As orixes da Forza Aérea turca remóntanse a xuño de 1911 cando foi fundada polo Imperio Otomán, porén, tal e como son coñecidas no presente non chegaron a existir ata o ano 1923 coa creación da República de Turquía. É a terceira forza aérea máis grande da OTAN.

En 1998 as Forzas Armadas de Turquía anunciaron un programa de modernización cun custo de 160 000 millóns de dólares nun período de 20 anos en varios proxectos.Economist Intelligence Unit:Turkey, p.22 (2005) 45 000 millóns estaban destinados para a revisión da Forza Aérea, e inclúe a compra de novos avións de combate (os TAI TFX e Lockheed Martin F-35 Lightning II) e helicópteros (de cargas pesadas e medias, ataque, e propósito xeral lixeiros).

Segundo Flight International (Flightglobal.com) e o Instituto Internacional de Estudos Estratéxicos, en 2020 a Forza Aérea turca tiña unha forza activa de 50 000 militares e opera uns 1 250 aeronaves tripuladas.

O primeiro piloto nego do mundo, Ahmet Ali Çelikten, e a primeira muller piloto de caza, Sabiha Gökçen, serviron na Forza Aérea turca.

Notas

Turquía Categoría:Turquía