As Pereiriñas é un lugar da aldea de Remourelle e da parroquia de Arante, no concello lucense de Ribadeo na comarca da Mariña Oriental.

Toponimia As Pereiriñas é o diminutivo do fitónimo pereira, moi abondoso na toponimia de Galicia e procedente dun derivado adxectival (*arbŏre) creado a partir de , á súa vez plural de ‘pera’. O galego pereira é común ao portugués e correspóndese co catalán perera, mentres que o asturiano e o castelán presentan un derivado peral cunha presenza residual na toponimia galega. No caso das Pereiriñas non parece probábel pensar nunha variante fonética de pedreira (), como si acontece noutros lugares.

Lugares e parroquias Lugares de Arante

Parroquias de Ribadeo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ribadeo

Categoría:Lugares de Ribadeo