O Antonov An-30 (designación OTAN: Clank), é un desenvolvemento do Antonov An-24 deseñado para a cartografía aérea.
Desenvolvemento A primeira versión de recoñecemento aéreo do Antonov An-24 foi deseñada por Beriev e designada An-24FK. FK significaba fotokartograficheskiy (mapeo fotográfico).Gordon, Komissarov e Komissarov 2003, p. 73 O prototipo tratábase dun An-24A de produción convertido por Beriev en 1966. O An-24FK realizou o seu voo de estrea o 21 de agosto de 1967, coas probas de aceptación do estado completadas en 1970 e a certificación civil conseguida en 1974. Redesignado An-30, a produción comezou en 1971 na factoría de Antonov.Gordon, Komissarov e Komissarov 2003, p. 75 Fabricáronse 123 An-30 de produción entre 1971 e 1980 en Kíiv en dúas versións principais.Gunston 1995, p. 31
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Aeronaves de Antonov Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1967