A lira italiana napoleónica foi, xunto co franco francés, a moeda oficial do Reino de Italia baixo o poder napoleónico, entre 1806 e 1814.

Historia

Contexto histórico-numismático De xeito análogo ao caso de Francia, a moeda baseada no vello sistema diñeiro, o soldo e a libra —chamada lira en Italia— mantívose vixente ata o século XVIII. Co éxito da Revolución Francesa e o nacemento da I República, o 7 de outubro de 1793, intentouse introducir en Italia unha nova moeda decimal con base na republicana francesa, cunha unidade de 9 gramos de prata fina.Taracchini, A. (1999). Páxina 65. Francia cambiou a súa moeda nacional o 7 de abril de 1795, pasando da libra tornesa ao franco francés, que quedou regulado definitivamente pola Lei do 7 de abril de 1803. O franco debía ser de 900 milésimas de prata e cuñaríanse tamén moedas de 20 francos de ouro, igualmente de 900 milésimas, cun peso teórico de 6,251612 g, creando así un sistema bimetálico cunha relación entre o ouro e a prata de 1:15,5.Taracchini, A. (1999). Páxina 66.

En 1796, co inicio da Campaña de Italia dirixida por Napoleón Bonaparte, o nacemento das "repúblicas irmás" e a conquista de Italia, as moedas utilizadas na Península Itálica sufriron unha transformación. No Reino de Sardeña, substituído no período napoleónico pola República Subalpina, o escudo piemontés foi substituído polo franco e, mediante un decreto do 13 de marzo de 1801, ordenouse a emisión de moedas de 5 e de 20 francos desta república."Repubblica Subalpina ". Numismatica Italiana (Lamoneta.it). A moeda de 5 francos seguía as prescricións establecidas en Francia en 1795, en tanto que a de 20 francos, cuñada en homenaxe da batalla de Marengo, se cuñou cuns parámetros de tamaño diferentes, que se oficializarían dous anos despois, mediante unha lei de 1803.Gigante, F. (2017). Páxinas 197-198. Na República Lígur reorganizouse a moeda coa introdución dun novo sistema baseado na lira xenovesa;"Repubblica Ligure ". Numismatica Italiana (Lamoneta.it). no Reino de Etruria a situación seguiu a ser confusa e arraigou a cuñaxe do florín do Gran Ducado de Toscana;"Regno d'Etruria ". Numismatica Italiana (Lamoneta.it). finalmente, no Reino das Dúas Sicilias mantívose a piastra ata 1812, cando Joachim Murat introduciu a nova lira napolitana, copia fiel do franco francés e que se mantivo en circulación durante tres anos"Regno delle Due Sicilie ". Numismatica Italiana (Lamoneta.it)..Gigante, F. (2017). Páxinas 556-564.

O nacemento da lira italiana Na Italia noroccidental Napoleón creou en 1805 o chamado Reino de Italia, que polo Decreto do 21 de marzo de 1806 pasou a dotarse dunha nova moeda, intercambiable co franco francés á par, a lira italiana.Taracchini, A. (1999). Páxina 67. Cuñáronse en cobre moedas de 1, 3 e 5 centésimos, en billón a de 10 centésimos, en para as de 25, 50 e 75 centésimos, e 1, 2 e 5 liras, e en ouro de 20 e 40 liras, todas elas cos pesos e coas medidas establecidas pola citada lei de 1803."Napoleone I. Regno d'Italia ". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).Gigante, F. (2017). Páxinas 211-228.

Moedas Todas estas moedas foron deseñadas e gravadas polo escultor e medallista boloñés Luigi Manfredini (1771-1840), e da súa produción encargáronse as cecas de Boloña, Milán e Venecia.Imbellone, A. (2007). "Manfredini, Luigi". En Dizionario biografico degli italiani. Vol. 68. Istituto dell'Enciclopedia Italiana. NomeImaxePríodoParámetros técnicosCecasTiraxePesoMóduloAliaxe1 centésimo"Regno d'Italia: Centésimo ". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).190x190px1807-18132,1 g19 mmCobre 95 %Boloña Milán

Venecia51.132.7333 centésimos"Regno d'Italia: 3 centésimi ". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).203x203px6,3 g24 mm19.087.136Soldo(5 cent.)"Regno d'Italia: soldo ". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).207x207px10,9 g27 mm15.297.81910 centésimos"Regno d'Italia: 10 centesimi ". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).180x180px1808-18132,0 g18 mmPrata 20 %Milán6.665.0075 soldos(25 cent.)"Regno d'Italia: 5 soldi ". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).150x150px1808-18141,2 g15 mmPrata 90 %Boloña Milán

Venecia10.381.58610 soldos(50 cent.)"Regno d'Italia: 10 soldi ". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).180x180px2,5 g18 mm6.399.01315 soldos(75 cent.)"Regno d'Italia: 15 soldi (Moneta) ". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).201x201px3,7 g21 mmMilán52.9991 lira"Regno d'Italia: 1 lira ". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).203x203px5,0 g23 mmBoloña Milán

Venecia5.131.3402 liras"Regno d'Italia: 2 lire ". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).220x220px10 g28 mm3.020.1765 liras"Regno d'Italia: 5 lire o Scudo (Moneta) ". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).307x307px25 g38 mm17.533.11120 liras"Regno d'Italia: 20 lire o Marengo (Moneta) ". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).201x201px6,4 g21 mmOuro 90 %Milán454.50640 liras"Regno d'Italia: 40 lire ". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).230x230px1807-181412,9 g26 mm878.503

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Gigante, F. (2017). Catalogo Gigante. 25ª ed. Gigante, Varese. ISBN 978-88-89805-18-3 Nardini, L. (ed.) (1808). Tariffe del corso e valore delle monete, reali decreti a ciò relativi, e ragguaglio della lira italiana colle altre legalmente in corso nel Regno d'Italia. Milán. Taracchini, A. (1999). Addio, cara Lira. Pendragon, Boloña. ISBN 9788883420146

Outros artigos

Lira italiana Napoleón I de Francia Reino de Italia (1805-1814)

Categoría:Lira (moeda) Categoría:Moedas de Italia Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Guerras Napoleónicas