Spencer é un filme de 2021 de ficción histórica dirixido por Pablo Larraín e escrito por Steven Knight. O filme conta a historia da crise existencial de Diana de Gales durante o Nadal de 1991, durante a cal considerou o divorcio con Carlos de Inglaterra e abandonar a familia real británica. Kristen Stewart e Jack Farthing intepretan á Princesa Diana e ao Príncipe Carlos respectivamente, xunto Timothy Spall, Sean Harris e Sally Hawkins.

Spencer estreouse na 78ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 3 de setembro de 2021, e nos cinemas do Reino Unido e os Estados Unidos o 5 de novembro de 2021. Recadou máis de 23 millóns de dólares en todo o mundo e conseguiu boas valoracións por parte da crítica, sendo Stewart especialmente eloxiada. Pola súa interpretación de Diana, Stewart foi nomeada ao Óscar á mellor actriz, ao Globo de Ouro e ao Critics' Choice Movie.

Estreouse subtitulado en galego a través de Amazon Prime Video.

Personaxes

Kristen Stewart como Diana, princesa de Gales (nada Spencer) Kimia Schmidt como Diana con nove anos Greta Bücker como Diana adolescente Timothy Spall como cabaleiro maior Alistair Gregory Jack Nielen como príncipe Guillerme Freddie Spry como príncipe Henrique Jack Farthing como Carlos de Inglaterra Sean Harris como xefe de cociña real Darren McGrady Sally Hawkins como vestidora real Maggie Stella Gonet como Isabel II do Reino Unido Richard Sammel como Filipe de Edimburgo Elizabeth Berrington como Ana do Reino Unido Amy Manson como Ana Bolena James Harkness como Footman Paul John Keogh como Michael Ben Plunkett-Reynolds como Footman Brian Ryan Wichert como Staff Sergeant Wood Thomas Douglas como John Spencer, VIII conde de Spencer Emma Darwall-Smith como Camila Parker Bowles Niklas Kohrt como André, duque de York Olga Hellsing como Sarah de York Mathias Wolkowski como Eduardo de Wessex Oriana Gordon como Lady Sarah Armstrong-Jones

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Chile Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Pablo Larraín Categoría:Filmes de FilmNation Entertainment Categoría:Filmes ambientados en 1991 Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes sobre depresión Categoría:Filmes de 2021 con versión en galego