Edwin Tobler, nado en Sankt Gallen o 12 de maio de 1922 e finado en Nürensdorf o 14 de marzo de 2020, foi un numismático e coleccionista de moedas suízo.
Traxectoria
Primeiros anos e xuventude Edwin Tobler naceu o 12 de maio de 1922 en Sankt Gallen,Geiger, Hans-Ulrich (1992). Kampmann, Ursula (2020). fillo de Berta Hässig e de Johann Ulrich Tobler, empregado nun comercio como contable. A súa familia posuía unha pequena chacinaría en Sankt Gallen.Zäch, Benedikt (2021).
Tobler pasou a súa infancioa en Herisau, onde se formou como panadeiro e pasteleiro. Na súa xuventude marchou a Suecia, onde exerceu a pastelaría, e alí comezou a sentir curiosidade polas moedas. Ao seu regreso a Suíza traballou unha empresa de transportes en Zürich, inicialmente como condutor de tranvía e logo na administración da compañía, encargándose da contabilidade.
Tobler numismático Malia posuír unha desenvoltura económica media, Tobler comezou a coleccionar moedas na década de 1940 e logrou confeccionar unha considerable colección desde o punto de vista científico.Arnet, Hélène (2013). Concentrouse nas moedas pequenas, que ata a época non gozaran da atención doutros coleccionistas e estudosos, e puido adquirir espécimes de gran rareza grazas aos coñecementos que foi adquirindo. Parte da súa colección privada está agora custodiada en varios museos do seu país. Tobler doou o núcleo da súa colección, composto por máis de 4.000 ao Gabinete Numismático de Winterthur, dirixido por Benedikt Zäch.
De formación autodidacta, Edwin Tobler está considerado no ámbito numismático como un dos mellores coñecedores da moeda miúda suíza dos tempos modernos. Foi autor de numerosos ensaios e outras publicacións que pasaron a ser referencias para o estudo das cuñaxes suízas entre os séculos XV e XX.
Desde a década de 1960 publicou numerosos artigos sobre a historia das moedas suízas, que deron lugar a unha publicación en tres volumes sobre a moeda suíza dos séculos XVII a XIX, escrito en colaboración con Jean-Paul Divo.
Tobler pertenceu á Sociedade Suíza de Numismática, de cuxa xunta directiva formou parte entre 1973 e 1982.
Recoñecementos
(1982): Premio Otto Paul Wenger, da Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos."Otto Paul Wenger-Preis". NumisPost (www.numis-online.ch).
Vida persoal Tobler estaba casado e tiña unha filla. Finou en Zürich o 14 de marzo de 2020 aos 97 anos.
Publicacións Estas son algunhas das publicacións máis salientables da carreira de Edwin Tobler."Tobler, Edwin 1923- ". Digital Library Numis."Tobler, Edwin". WorldCat Identities."Edwin Tobler. Schriftenverzeichnis". Coingallery.de
(1967). Die Münzen der Schweiz im 19. und 20. Jahrhundert (con J-P. Divo). Bank Leu, Zürich. (1969). Appenzell Innerrhoden, Appenzell Ausserrhoden. Schweizerische Numismatische Gesellschaft, Berna. (1974). Die Münzen der Schweiz im 18. Jahrhundert (con J-P. Divo). Bank Leu, Zürich. (1974). Heilige auf Schweizer Münzen. P. Haup, Berna. (1976). Kreuzerprägungen in der Schweiz. Helvetische Münzenzeitung, Hilterfingen. (1981). Haldenstein und seine Münzen. HMZ-Verlag, Hilterfingen. (1985). Luzerner Münzstempel und Punzen. HMZ-Verlag, Hilterfingen. (1987). Die Münzen der Schweiz im 17. Jahrhundert (con J-P. Divo). Bank Leu, Zürich. (2008). Die Münzprägung der Stadt St. Gallen, 1407-1797 (con B. Zäch e S. Nussbaum. Schweizerische Numismatische Gesellschaft, Berna.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Arnet, Hélène (2013). "Der Münzexperte, der sich genierte". En Tages-Anzeiger. 20 de marzo. Geiger, Hans-Ulrich (1992). "Edwin Tobler zum 70. Geburtstag". En Schweizer Münzblätter, 167. Páxinas 73-74. Kampmann, Ursula (2020). "Edwin Tobler (1922-2020)". En CoinsWeekly. 26 de marzo.
Zäch, Benedikt (2021). "Edwin Tobler". En Dictionaire historique de la Suisse.
Categoría:Nados en 1922 Categoría:Nados no cantón de Sankt Gallen Categoría:Finados en 2020 Categoría:Numismáticos de Suíza Categoría:Coleccionistas Categoría:Galardoados co premio Otto Paul Wenger Categoría:Personalidades sen imaxes