Un lipopéptido é unha molécula que consiste nun lípido unido a un péptido. Poden autoensamblarse orixinando diferentes estruturas. Moitas bacterias producen estas moléculas como parte do seu metabolismo, especialmente as dos xéneros Bacillus, Pseudomonas e Streptomyces. Certos lipopéptidos utilízanse como antibióticos.US granted 6911525 , Hill J, et al., "Lipopeptides as antibacterial agents", published 28 de febreiro de 2002, assigned to Cubist Pharmaceuticals Inc. Outros lipopéptidos son agonistas de receptores de tipo Toll. Certos lipopéptidos poden ter fortes actividades antifúnxicas e hemolíticas. Demostrouse que a súa actividade está xeralmente ligada a interaccións coa membrana plasmática, e compoñentes esterois da membrana plasmática poderían exercer un importante papel nesta interacción. A tendencia xeral é que engadir un grupo lipídico de certa lonxitude (normlmente C10–C12) a un lipopéptido fai incrementar a súa actividade bactericida. Os lipopéptidos cun gran número de átomos de carbono, por exemplo 14 ou 16, na súa cola lipídica teñen normalmente actividade antibacteriana, así como actividade antifúnxica.
Os deterxentes lipopéptidos están compostos de anfífilos e dúas cadeas alquilo que están localizadas na parte final do esqueleto peptídico. Foron deseñados para imitar a arquitectura de membranas nativas nas cales dúas cadeas alquilo dunha molécula lipídica interaccionan de fronte co segmento hidrófobo da membrana.
Exemplos Bacilomicina Daptomicina Equinocandina (por exemplo, caspofunxina) Iturina A Micosubtilina Surfactina
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pepducinas, lipopéptidos dirixidos a GPCRs. Lipoproteína
Bibliografía
Categoría:Antibióticos