Antonina Fernández García-Armesto, coñecida tamén como Antonina Fernández Armesto, nada na Mezquita o 31 de marzo de 1909, foi unha farmacéutica galega.

Traxectoria Filla de Ricarda García Armesto e Fermín Fernández Gómez, e irmá de Felipe Fernández Armesto. Filla e neta de farmacéuticos, fixo o bacharelato en Santiago de Compostela,El Eco de Santiago, 30-5-1927, p. 2. e estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1932.El Pueblo Gallego, 28-1-1932, p. 9. Foi unha das primeiras mulleres en ter farmacia propia, instalada en Santiago de Compostela. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz no buque Mexique o 27 de xullo de 1939. Retornou a Galicia en 1953 e abriu unha farmacia na Coruña.

Vida persoal Casou con José Barón Fernández en 1934.

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela

Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados na Mezquita Categoría:Nados en 1909

Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes