Richard Yeo, nado ca. 1720 e finado o 3 de decembro de 1779, foi un medallista e gravador de moeda británico que ocupou o posto de gravador xefe da Royal Mint durante o reinado de Xurxo III.

Yeo foi un dos fundadores da Royal Academy.

Traxectoria Os primeiros datos coñecidos da vida de Richard Yeo corresponden ao ano 1745, cando se sabe que residía en Londres, preto de Craven Street, en Westminster, e un ano máis tarde en Tavistock Street, Covent Garden.Forrer, L. (1916). Páxina 701.

Sábese tamén da súa actividade como medallista en 1746, ano en que están datadas polo menos dúas medallas que levan a súa sinatura, unha delas dedicada ao Duque de Cumberland.Wroth, W. W. "Yeo, Richard". En Stephen, L.; Lee S. (1922). Páxinas 1.235-1.236. miniatura|Tarxeta comercial de Richard Leo (ca. 1745) En 1749 ingresou como gravador axudante na Casa da Moeda de Londres (Royal Mint) e, logo do falecemento do seu antecesor, John Sigismund Tanner, en 1775 foi nomeado gravador xefe da institución, posto no que se mantivo o resto da súa vida.

Yeo compuxo unha pequena colección de moedas, medallas e utensilios e ferramentas de gravado, que foi vendida en poxa pública por Langford's, en Covent Garden, os días 2 e 3 de febreiro de 1780.Forrer, L. (1916). Páxina 702. Todos os seus traballos estaban asinados mediante unha marca de gravador; as máis frecuentes foron "R. YEO", "YEO", "YEO·F", "R·YEO F" e "YEO·FECIT".Forrer, L. (1916). Páxinas 702-704.

En 1760 ingresou na Incorporated Society of Artists e tamén foi un dos membros fundadores da Royal Academy, institución na que expuxo varios dos seus traballos.

Richard Yeo finou o 3 de decembro de 1779.

Escolma de traballos

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Royal Mint

Bibliografía

Forrer, L. (1916). "Yeo, Richard". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol VI. Spink & Son, Londres. Páxinas 701-704. Linecar, H. W. A. (1977). British Coin Designs and Designers. Londres. G. Bell & Sons Ltd. ISBN 978-0-7135-1931-0 Stephen, L.; Lee S. (1922). Dictionary of National Biography. Vol. XXI. Oxford University Press.

Categoría:Nados en 1720 Categoría:Finados en 1779 Categoría:Deseñadores de moeda do Reino Unido Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Artistas do Reino Unido Categoría:Membros da Royal Academy