Jesús Dopico Ferreiro,Nalgunhas fontes aparece como Jesús Dopico Barreiro nado en Ferrol o 24 de decembro de 1902 e finado en México cara a 1975, foi un violinista e político galego.

Traxectoria

Presentouse ao público como violinista nun concerto no teatro Jofre de Ferrol en xullo de 1923.El Correo Gallego, 27-7-1923, p. 2. Fixo estudos en París subvencionado pola Deputación da Coruña, e foi diplomado no Conservatorio de París. Foi solista do Teatro Lírico Nacional e foi nomeado catedrático de violín no Conservatorio Rexional da Coruña en novembro de 1935.El Correo Gallego, 6-11-1935, p. 3. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integrouse no batallón de Milicias Populares Galegas.Ficha de Jesus Dopico Ferreiro no CDMH Militou en Izquierda Republicana e afiliouse á UGT.Ficha de Jesus Dopico Ferreiro no CDMH Foi axente da Dirección General de Seguridad.Ficha de Jesus Dopico Ferreiro no CDMH Coa derrota da República pasou a Francia. Exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz no barco Ipanema o 7 de xullo de 1939. Foi o primeiro presidente do Padroado da Cultura Galega de México. Foi responsable da área de Música no Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón dirixido por Pedro Martul Rey. Colaborou na publicación do libro do Padroado Presencia de Galicia en México (1954). Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Repertorio biobibliográfico do exilio galego CCG. Solicitudes de refugiados españoles en Francia que desean emigrar a Mexico

Categoría:Violinistas de Galicia

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en ano descoñecido