miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Afganistán, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Afganistán aceptou a convención o 20 de marzo de 1979, facendo que os seus sitios históricos poidan ser incluídos na lista.
O primeiro sitio en Afganistán que se inscribiu foi o Minarete e Restos Arqueolóxicos de Jam, que foi inscrita na 26ª sesión do Comité do Patrimonio da Humanidade en 2002. A Paisaxe cultural e Restos Arqueolóxicos do Val de Bamiyán foi inscrita na 27ª sesión, en 2003.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: das provincias de Afganistán Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.
Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01Minarete de Jam100px|Provincia de Ghor, Afganistán 2002 337; ii, iii, iv (cultural)02Budas de Bamiyán100px|Bamiyán, Afganistán 2003 337; i, ii, iii, iv, v (cultural)
Lista de candidatos Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial se o sitio figuraba previamente na lista provisional. +SitioImaxeAno listadoLocalizaciónDescriciónCidade de Herat100px2004Cidade de Balkh (antiga Bactria)100px2004Band-E-Amir100px2004Bagh-e Babur100px2009
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país