Alberto Jiménez Benítez, nado en La Oliva o 15 de novembro de 1992, é un futbolista español que xoga no Albacete, cedido polo Tenerife. Xoga principalmente como defensa central, aínda que tamén o pode facer como centrocampista defensivo.

Traxectoria Formouse como futbolista no Fuerteventura e no Tenerife, e na tempada 2011/12 debutou co Tenerife B na Terceira División. Na seguinte tempada estreouse co primeiro equipo na Segunda División B, disputando 17 partidos e marcando 3 goles, cos contribuíu ao ascenso á Segunda División, despois de derrotar na promoción ao Hospitalet.

O 18 de agosto de 2013 disputou o seu primeiro encontro na categoría de prata, da man do adestrador Álvaro Cervera, nun partido contra o Alcorcón no que entrou na segunda parte como substituto de Óscar Rico. Xogou un total de 10 partidos durante a tempada, a metade deles como titular, mentres que na seguinte saíu cedido ao Valencia Mestalla, de Segunda B.

Tralo regreso da súa cesión afianzouse durante anos no equipo titular do Tenerife, co que superou os 200 partidos e co que disputou unha promoción de ascenso a Primeira División na 2016/17.

Na tempada 2021/22 non entrou nos plans do adestrador Ramis, polo que disputou só un partido durante a primeira metade da campaña. En xaneiro de 2022 saíu cedido ao Albacete, da Primeira División RFEF, para suplir a baixa de longa duración de Sergi Maestre. Fíxose rapidamente coa titularidade no equipo adestrado por Rubén de la Barrera e acabou a liga na terceira posición, clasificándose para a promoción de ascenso a Segunda. Participou na vitoria de semifinais contra o Rayo Majadahonda en Balaídos e unha semana despois tivo un papel protagonista na final ante o Deportivo da Coruña. Nun estadio de Riazor ateigado, entrou como substituto de Riki Rodríguez na segunda parte, cando o equipo manchego perdía por 1-0, e no minuto 82 anotou o gol que empatou o partido e forzou a prórroga. O Albacete acabou logrando o ascenso despois de que Jordi Sánchez culminase a remontada.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador no sitio web do Albacete .

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados na provincia das Palmas Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Tenerife B Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do Albacete Balompié