O Induano é unha división da escala temporal xeolóxica, a primeira idade ou piso do Triásico Inferior, primeiro terzo do período Triásico, e polo tanto, do Mesozoico. Esta idade esténdese desde 251 até 249 millóns de anos atrás, aproximadamente. O Induano sucede a última época do período Permiano e precede o Olenekiano, a última idade do Triásico Inferior, ocupando a época entre 251 ± 0.4 Ma e 249.7 ± 0.7 Ma.
Nesta época, gran parte do planeta encontrábase sen vida, deserto, quente e seco. A maior parte da auga era hipóxica.
Véxase tamén Outros artigos Extinción do Permiano-Triásico Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20090207181340/http://stratigraphy.org/geowhen/stages/Induan.html https://web.archive.org/web/20101026102535/http://www.palaeos.com/Mesozoic/Triassic/Induan.html
Categoría:Escala de tempo xeolóxico