Bad Hersfeld é unha pequena cidade, a capital do distrito de Hersfeld-Rotenburg, ao leste do Land de Hesse, Alemaña.
Situada á beiras do río Fulda, é famosa polo seu balneario e o seu festival de música clásica, o Bad Hersfelder Festspiele, que se realiza todos os veráns desde 1951, e polo que a cidade é coñecida como a Salzburgo do norte.
Outra festa famosa na cidade é a Lullusfest, que de celebra o 16 de outubro, en memoria da morte de San Lulo de Hersfeld (710-786) , que foi o primeiro arcebispo permanente de Maguncia e o primeiro abade da abadía de Hersfeld, e que é a festividade local máis antiga do mundo xermanófono.
Bad Hersfeld é ademais famosa por posuír as maiores ruínas dunha igrexa de estilo románico de Europa, a igrexa da citada abadía.
Xeografía miniatura|Ruínas da igrexa románica
Situada a 212 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 73,82 km².
Segundo o censo do 31 de decembro de 2021 contaba con 30 101 habitantes,Hessisches Statistisches Landesamt: Bevölkerung in Hessen am 31.12.2021 nach Gemeinden (Landkreise und kreisfreie Städte sowie Gemeinden, Einwohnerzahlen auf Grundlage des Zensus 2011. Bad Hersfeld). polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 407 hab./km<small>2</small>.
A cidade atópase na depresión de Hersfeld, que está formada pola confluencia dos ríos Fulda e Haune.
O centro da cidade está na marxe esquerda do Fulda.
Na cidade, o río Geisbach desemboca no Fulda e inmediatamente debaixo da cidade, na marxe dereita, o río Solz.
O punto máis baixo do concello está a 195 m sobre o nivel do mar, na desembocadura do Solz no Fulda, e o punto máis alto está a 408 m sobre o nivel do mar.
As cidades importantes máis próximas a Bad Hersfeld son Kassel, a 52 km ao norte, Gießen, a 79 km ao suroeste.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Abadía de Hersfeld Lulo de Hersfeld
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Cidades de Hessen