Over the Garden Wall é unha miniserie estadounidense de animación creada por Patrick McHale para Cartoon Network. A serie conta a historia de dous medios irmáns que viaxan a través dun misterioso bosque para atopar o camiño a casa, atopando moitos personaxes e cousas estrañas na súa viaxe. A serie está baseada na curtametraxe animada de McHale Tome of the Unknown, que foi producida como parte do programa de desenvolvemento de curtametraxes Cartoon Network Studios. Elijah Wood e Collin Dean son a voz dos protagonistas Wirt e Greg, e Melanie Lynskey é a voz de Beatrice. O resto do elenco de voces inclúe a Christopher Lloyd, Tim Curry, Bebe Neuwirth, Chris Isaak, Shirley Jones, Thomas Lennon, Jack Jones, Jerron Paxton, John Cleese e Samuel Ramey. The Blasting Company compuxo a banda sonora. Over the Garden Wall emitiuse durante a semana do 3 ao 7 de novembro de 2014.

Personaxes

Elijah Wood como Wirt Collin Dean como Gregory (Greg) Melanie Lynskey como Beatrice Christopher Lloyd como o leñador Jack Jones como ra de Greg Samuel Ramey como a Besta

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2014 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2014 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América