Dead Boys é unha banda estadounidense de punk rock de Cleveland, Ohio. O grupo estivo na primeira onda do punk, e é considerado por moitos unha das bandas máis cruas e violentas da época. Foi fundada en 1975 formada polo vocalista Stiv Bators, o guitarrista rítmico Jimmy Zero, o baixista Jeff Magnum, o guitarrista principal Cheetah Chrome, e o batería Johnny Blitz, estes dous últimos procedentes da banda Rocket from the Tombs. Os Dead Boys orixinais publicaron dous álbums de estudio, Young Loud and Snotty, e We Have Come for Your Children.
Dead Boys estiveron activos inicialmente dende 1975 ata 1980, reuníndose brevemente varias veces a mediados dos 80, e despois en 2004 e 2005 por vez primeira sen Bators, que morrera en 1990. En setembro de 2017 Chrome e Blitz reuniron a banda cunha nova formación para unha xira de 40 aniversario xunto cun novo álbum, Still Snotty: Young, Loud and Snotty at 40, unha regravación do seu álbum de estrea. A nova formación inclue ao vocalista Jake Hout, o guitarrista Jason "Ginchy" Kottwitz e o baixista Ricky Rat, xunto con Chrome e Blitz.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloYoung, Loud and Snotty1977Sire RecordsWe Have Come for Your Children1978Sire RecordsStill Snotty: Young, Loud and Snotty at 402017Plowboy Records
Notas
Categoría:Grupos musicais de Cleveland, Ohio Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 1975