Zilda Paim, nada en Santo Amaro da Purificação o 3 agosto de 1919 e finada en Salvador de Baía o 22 de abril de 2013, foi unha escritora, docente, política e pintora brasileira.
Traxectoria
Traballos
Divulgación e escritura É lembrada principalmente polo seu traballo no campo do folclore e das tradicións populares brasileiras, e en particular polo estudo e divulgación da Maculelê e da Capoeira.
Pintura Pintou máis de 200 cadros, entre lenzos e táboas (dixo "Non fun á Universidade, non fun á Academia de Belas Artes, pero un día deime conta de que tiña que pintar".)
Política Foi a primeira muller vereadora (o equivalente a edil ou concellal) da súa vila natal. Tamén foi presidenta da Comarca entre 1980 e 1982.
Pasamento Zilda Paim morreu en 2013 no hospital portugués de Salvador de Baía aos 93 anos, onde levaba aproximadamente un mes ingresada.
Obras
Estudos folclóricos
PAIM, Zilda. Relicario Popular. Secretaría de Cultura e Turismo. Salvador: Empresa Gráfica da Bahia, 1999. ISBN 85-86485-78-0 PAIM, Zilda. Isto é Santo Amaro. Salvador: Academia de Letras, 2005.
Notas
Véxase tamén
Maculelê Capoeira
Ligazóns externas
Vídeo sobre os 90 anos de Zilda Paim en 2009
Categoría:Escritores do Brasil Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2013