Upplands Väsby (antes de 2002 o seu nome oficial era Upplands-Väsby) é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo. A súa capital é Upplands Väsby. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 50 323 habitantes.

A paisaxe do concello é suavemente ondulada con chairas de arxila, lagos e paisaxes culturais. Dende o peche da fábrica de AB Optimus en 1983 o sector servizos domina a actividade económica local.

Xeografía O concello está situado na parte sur do landskap de Uppland na ribeira oriental do lago Mälaren. No sur o municipio limita co concello de Sollentuna, no oeste cos de Järfälla e Upplands-Bro, no norte co de Sigtuna, e no leste cos de Vallentuna e Täby, todos eles no condado de Estocolmo.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Estocolmo