O inosín trifosfato (ITP) é un nucleósido trifosfatoVer tamén a definición de nucleótido segundo a IUPAC. e un intermediario na vía do metabolismo das purinas, que intervén na síntese de ATP e GTP. Consta dun nucleósido inosina (base hipoxantina + azucre ribosa) con tres grupos fosfato esterificados no residuo de azucre en posición 5'.
O ITP orixínase pola desaminación do ATP, que modifica a base nitroxenada adenina. A incorporación de ITP no ADN pode causar danos no ADN, mutaxénese e outros efectos nocivos. O ITP é procesado polo encima inosín trifosfato pirofosfatase (ITPA), que o converte no nucleótido inosín monofosfato (IMP), para evitar a súa incorporación ao ADN.
Notas
Categoría:Nucleósidos Categoría:Nucleótidos Categoría:Ésteres fosfato