Xosé Regueira Varela, nado en Carballo o 4 de agosto de 1967, é un político galego do BNG e actual vicepresidente da Deputación da Coruña.
Traxectoria Militante do Bloque Nacionalista Galego, entre os anos 1999 e 2007 foi responsábel do partido nacionalista na comarca de Bergantiños, responsabilidade que retomou no ano 2016.
Actualmente é concelleiro do BNG en Carballo e concelleiro delegado de promoción económica e turismo. Desde xuño do 2019 é vicepresidente da Deputación da Coruña, onde ten a responsabilidade nas materias de cooperación, plans provinciais xerais, turismo e patrimonio histórico e cultural.
Premios
2026: Premio Bo e Xeneroso de Honra do Festiletras.
Notas
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Carballo Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros de Carballo
Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia
Categoría:Deputados provinciais da Coruña