Öckerö é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland, Anteriormente era parte do condado de Gotemburgo e Bohus e a súa capital é Öckerö.

O concello está formado por 10 illas habitadas e xunto con Gotland é o único municipio de Suecia que carece de conexión terrestre e depende de transbordadores. A zona ten unha flora rica e moitas especies de aves, pero ten problemas cos refugallos mariños.

Xeografía O concello está situado no sur da provincia histórica de Bohuslän e no norte da baía Kattegatt, ao oeste dos municipios de Gotemburgo e Kungälv.

Öckerö adoita a considerarse como parte do arquipélago norte de Gotemburgo. O concello está formado por dez illas habitadas situadas entre Vinga e Marstrand. As illas chámanse Grötö, Hyppeln, Källö-Knippla, Björkö, Fotö, Hälsö, Kalvsund, Rörö, Hönö e Öckerö. O resto das illas non teñen habitantes durante todo o ano. Hönö é a que ten a maior superficie e poboación.

Historia Durante a era viquinga as illas pertenceron aos reis noruegueses e a parte da franxa costeira chamada Älvsyssel, estando o seu tingsplats onde se atopa no presente a fortaleza de Bohus en Kungälv.

Máis tarde, no século XIII, o rei Håkon Håkonsson de Noruega construíu unha casa en Öckerö porque adoitaba quedar alí coa súa frota.

A mediados do século XVIII, comezou o gran período do arenque e floreceron as vilas de pescadores durante uns 50 anos.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västra Götaland