Hugo Daniel Fernández Vallejo, nado en Montevideo o 2 de febreiro de 1945 e finado en Puebla de Zaragoza o 1 de agosto de 2022, foi un futbolista e adestrador uruguaio, que xogaba como lateral dereito.

Traxectoria Comezou a súa carreira no Nacional, co que debutou en partido oficial en decembro de 1965, nunha derrota por 0-1 ante o Danubio no estadio Centenario. Ao ano seguinte conquistou o seu primeiro campionato uruguaio. A continuación pasou polo Racing de Montevideo, Gimnasia y Esgrima, Cerro e Defensor, antes de recalar no máximo rival do seu primeiro club, o Peñarol, no que militou tres anos, gañando dous novos campionatos de liga (en 1974 e 1975). Conquistou tamén co equipo negro e amarelo a 29ª edición do Trofeo Teresa Herrera en Riazor, onde foi expulsado xunto a Cruyff nas semifinais contra o Barcelona, por unha lea entre ambos.

En xullo de 1975 desembarcou no fútbol español, fichando polo Tenerife, de Segunda División, onde coincidiu cos tamén uruguaios Montero Castillo, Ferreira e Kraus. Debutou co equipo de Felipe Mesones na primeira xornada da tempada 1975/76 e foi titular durante 36 dos 38 partidos de liga, formando parella de centrais xunto ao histórico Molina. Continuou sendo un alicerce da defensa durante a seguinte campaña, acompañado habitualmente por Julio Durán, pero o seu contrato foi rescindido a comezos da campaña 1977/78, por motivos económicos.

Acto seguido regresou a América e xogou dous anos no Puebla mexicano, antes de volver ao Peñarol, co que gañou o seu cuarto campionato uruguaio en 1981. Pechou a súa carreira no Atlas mexicano en 1981.

Trala súa retirada iniciou en Peñarol a súa carreira como adestrador, carreira que se desenvolveu principalmente en México, onde pasou polos bancos de Puebla (en tres etapas), Tigres, Tampico Madero, Irapuato, Veracruz, Lobos de la BUAP e Dorados de Sinaloa. Tamén dirixiu ao Nacional de Montevideo e ao Toshiba do Xapón.

Palmarés Como futbolista Nacional Primeira División (1): 1966.

Peñarol Primeira División (3): 1974, 1975, 1981.

Como adestrador Dorados de Sinaloa Torneo Clausura de Ascenso (1): 2007.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador co Club Nacional .

Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Club Nacional de Football Categoría:Xogadores do Racing Club de Montevideo Categoría:Xogadores do Gimnasia y Esgrima de La Plata Categoría:Xogadores do Club Atlético Cerro Categoría:Xogadores do Defensor Sporting Club Categoría:Xogadores do CA Peñarol Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Atlas de Guadalajara Categoría:Adestradores de fútbol do Uruguai Categoría:Adestradores do CA Peñarol Categoría:Adestradores do Club Nacional de Football