Falu é un municipio sueco (kommun) do condado de Dalarna. A súa capital é a cidade de Falun que tamén é a capital do condado.
O leito rochoso da zona pertence ao da rexión rica en minerais coñecida como Bergslagen. As partes do norte e do leste do concello están cubertas de bosques, intercalados por zonas de turbeiras máis grandes, e as partes occidentais teñen un terreo máis accidentado.
Falun ten unha longa tradición mineira que se remonta á Idade Media, pero co tempo a súa importancio disminuiu. A principios da década de 2020 a actividade económica local estaba dominada polo sector servizos.
Dende a súa fundación no ano 1971 o crecemento da poboación do concello, con excepción dos anos arredor do cambio de milenio, foi positivo. En decembro de 2024 Falu tiña 59 945 habitantes.
Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Aspeboda, Bjursås, Enviken, Stora Kopparberg, Sundborn, Svärdsjö e Vika. Nesas parroquias creáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862. Na zona atopábase tamñen a cidade de Falu dende 1641 que en 1863 formou un concello urbano.
Coa reforma municipal de 1952 o concello rural de Aspeboda integrouse no municipio de Stora Kopparbergs, mentres que o resto dos concellos rurais da zona, Bjursås, Enviken, Sundborn, Svärdsjö e Vika, ao igual que a cidade de Falu, permaneceron sen cambios.
No ano 1967 os concellos rurais de Stora Kopparberg e Vika incorporáronse á cidade de Falu. Oa ctual municipio de Falu naceu coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Falu e dos municipios rurais de Bjursås, Enviken, Sundborn e Svärdsjö.
O 1 de xaneiro de 1990 unha área con 6 persoas foi transferida á parroquia de Bjurså no concello de Falu dende a parroquia de Ål no muncipio de Leksand.
Xeografía O concello está situado no sueste do landskap de Dalarna e limita ao norte cos municipios de Ovanåker e Bollnäs, ao nordés co de Ockelbo, e ao leste cos de Sandviken e Hofors, todos eles no condado de Gävleborg. Ao sueste limita cos concellos de Hedemora e Säter, ao suroeste co de Borlänge, e ao noroeste cos de Leksand e Rättvik, no condado de Dalarna.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Dalarna