Joaquín Losada Filgueira, nado no Carballiño en 1899 e finado na Pobra de Trives o 2 de agosto de 1936, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria Familiar de Antón Losada Diéguez. Oficial do Concello do Carballiño. Estivo na directiva da sociedade Cultural Deportiva do Carballiño xunto con Bernardo Castro.El Pueblo Gallego, 15-12-1926, p. 2. Colaborou na revista Nós. Dirixente da Casa do Pobo, apoderado de Izquierda Republicana nas eleccións de febreiro de 1936, e moi activo durante os actos do primeiro de maio de 1936 e nas folgas de solidariedade convocadas en protesta polos asasinatos dos militantes comunistas de Ourense e Punxín.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 actuou como delegado gobernativo en Ribadavia ás ordes do gobernador civil Gonzalo Martín March. Foi detido a finais de xullo e ingresou na prisión do Carballiño. Foi trasladado o día 2 de agosto en compañía de Aquilino Sánchez Rodríguez cara Ourense. Chegados á prisión provincial incorporóuselles Francisco Paradela Núñez e os tres son conducidos por un grupo de falanxistas á cadea de Viana do Bolo. Os milicianos deixaron a Aquilino Sánchez na prisión de Trives e continuaron cos outros dous que foron asasinados nas proximidades dos Codos de Larouco (A Pobra de Trives). Parece que Joaquín foi asasinado esa mesma noite do 2 de agosto de 1936, aínda que puido ser unha semana despois.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1936