Sue Moreno, nada na Coruña en 1977, é unha acróbata galega. Traxectoria Orfa de nai, criárona os avós. Estudou teatro e danza inicialmente na Coruña, e logo proseguiu os seus estudos de danza en Madrid, onde empezou a ter contacto co mundo do circo e da acrobacia. Porén, nunca chegou a facer circo clásico.

Como artista, deseña e interpreta os seus propios espectáculos de acrobacias aéreas desde o ano 2000.

Ademais, é a propietaria e directora dunha escola de acrobacias e baile aéreo na Coruña, fundada en 2013.

Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo promocional do espectáculo 4.0

Notas

Categoría:Circo en Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1977