Francisco Filgueiras Gulías, nado en Castrelo (Forcarei) cara a 1914 e finado no mesmo concello o 12 de xaneiro de 2005, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

Obtivo o título de mestre en 1935.El Pueblo Gallego, 6-4-1935, p. 8. Afiliado a Falange. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Forcarei en 1949.El Pueblo Gallego, 19-6-1949, p. 2. Permaneceu no cargo ata 1974. Foi presidente da Cámara Oficial Sindical Agraria de Pontevedra e despois presidente da Unión de Cooperativas do Campo de Galicia. Promoveu a Asociación Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes, da que foi o seu primeiro presidente (1974-1996). Finou en Forcarei en xaneiro de 2005.Forcarei despidió ayer a Filgueiras Gulías, alcalde en las últimas décadas del franquismo

Recoñecementos Insignia de ouro de Amigos da Terra de Montes, 1995.

Vida persoal

Casou con Soledad Cendón Tomé. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas 1936: un verán de inferno na Terra de Montes pontevedresa (I)

Categoría:Profesores de Galicia

Categoría:Falanxistas

Categoría:Alcaldes de Forcarei Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Forcarei Categoría:Nados en 1914

Categoría:Finados en 2005