Antonio López Fernández, coñecido como Corchas, nado no Mazo (Vilamartín de Valdeorras) en 1908 e finado en Oencia o 26 de novembro de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Xastre no Mazo e despois vendedor de peixe. Membro da Sociedad de Campesinos, militante da CNT, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido polos falanxistas e logrou escapar. Foi xulgado en Ourense por auxilio á rebelión e declarado en rebeldía. Foi reclamado polo xulgado militar especial de Ponferrada para ser xulgado por adhesión á rebelión xunto con Américo Nogueira Campos en xuño de 1938.BOP Lugo, 23-6-1938, p. 2. Cando rematou a guerra entregouse ás autoridades e foi internado na cadea do Barco de Valdeorras. Conseguiu fuxir durante un traslado á prisión de Ourense e chegar á serra onde converteu nun guerrilleiro solitario cuxas accións eran máis de bandoleirismo que de resistencia, o que lle valeu ser buscado tanto pola Garda Civil como pola Federación de Guerrillas de León-Galicia que decidiu executalo. Foi procesado por atraco en 1942 e 1944. Foi asasinado o 26 de novembro de 1945 na serra de Xestoso por un pastor cando intentaba violar a unha moza.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia
Categoría:Nados en Vilamartín de Valdeorras Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1945