Sneschana Russewa-Hoyer, nada en Krushari, provincia de Dobrich, o 10 de xaneiro de 1953, é unha deseñadora e gravadora de medallas, moedas e selos búlgara establecida en Alemaña.
Traxectoria
Sneschana Russewa-Hoyer estudou o seu ensino secundario nun instituto de ensinanzas artísticas de Sofía, e posteriormente cusou estudos superiores de Deseño Gráfico na Academia de Arte Weißensee de Berlín, entre os anos 1972 e 1977.Steguweit, W. (2014).
A partir de 1985 traballou de xeito independente en proxectos como o deseño de selos postais para a República Democrática Alemá.
En xuño de 1976 casou co escultor e gravador Heinz Hoyer, que fora o seu compañeiro durante os seus estudos. Xunto con el, Sneschana foi tamén a creadora de varias moedas conmemorativas do sistema do marco da República Democrática Alemá durante a década de 1980.Serie de moedas deseñadas por Sneschana Rusewa-Hoyer. Numista.com
O matrimonio Hoyer foi elixido tamén polo Bundesbank para deseñar o anverso nacional das moedas alemás do euro con valores de un e de dous euros, que comezaron a emitirse en 2002.
Igualmente, Sneschana Russewa-Hoyer foi unha das gravadoras encargada do deseño da moeda de dous euros conmemorativa do Tratado do Elisio, emitida en 2013 conxuntamente por Francia e Alemaña."2 Euro Élysée Treaty". Numista.com
Como medallista, un exemplo da súa produción é a medalla elaborada en 2009 con motivo da xubilación de Wolfgang Steguweit, director do Gabinete Numismático de Berlín.Ficha da medalla. Deutsche Gesellschaft für Medaillenkunst.
Escolma de obras
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Steguweit, W. (2014). "Zeitgenössische Künstler in ihrem numismatischen und philatelistischen Umfeld. 3.Sneschana Russewa-Hoyer und Heinz Hoyer". En Numismatisches Nachrichtenblatt. 63. Marzo.
Outros artigos Lista de deseñadores das moedas de euro
Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados na provincia de Dobrich Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Personalidades da filatelia