Heikki Häiväoja, nado en Jämsä o 25 de maio de 1929 e finado en Kauniainen o 15 de setembro de 2019, foi un escultor, artista visual, medallista e deseñador de moedas finlandés.
Traxectoria esquerda|miniatura|Escultura Vuorovaikutus ("Interacción"), de Heikki Häiväoja, no vestíbulo do Centro Cultural Finlandés-Sueco en Espoo.|195x195px
Heikki Häiväoja recibiu a súa formación artística na Escola Industrial de Arte de Helsinqui entre 1947 e 1950, e posteriormente na Academia Finlandesa de Belas Artes, no curso 1950-1951."Curriculum Vitae". Suomen Taiteilijaseura / Artists' Association of Finland (o CV só dispoñible na versión finesa)."Häiväoja, Heikki". Uppslagsverket.fi
Posteriormente exerceu tamén a docencia nestas dúas institucións; na Escola Industrial de Arte entre 1958 e 1970, e na Academia de Belas Artes de 1977 a 1984.
A partir da súa primeira peza exposta en 1950, ao longo da súa carreira creou centos de esculturas, desde pequenas estatuíñas de pedra e medallas de bronce, sobre todo na década de 1960, ata grandes instalacións de pedra máis adiante."Heikki Häiväoja". Artists' Association of Finland. Entre os seus monumentos destaca o dedicado aos veteranos de guerra en Jyväskylä e tamén o que representa unha muller que viviu durante a guerra en Kallio, Helsinqui."Jämsän Seutu: Taiteilija Heikki Häiväoja on kuollut". En Yle. 17 de setembro de 2019. Na década de 2000 o seu traballo centrouse na realización de monumentos funerarios e outras conmemoracións.Nickels, B. (2006). Grave sculpture as interpreter of life and death. Grave sculptures done by Heikki Häiväoja, Kain Tapper and Matti Peltokangas 1952-2002. ISBN 952-10-3407-6"Häicäoja Heikki Aulis". Suomen Kuvataiteiteilijat.
A súa obra escultórica foi obxecto de diversas exposicións, tanto individuais como colectivas, en países como Suecia, os Países Baixos, Alemaña, Polonia, Dinamarca, Brasil, Mónaco, Italia e Bélxica.
Häiväoja, que xa tiña experiencia como creador de moedas do sistema do marco finlandés durante as décadas de 1960 e de 1970, foi elixido polo Banco de Finlandia para deseñar o anverso nacional común a toda a serie divisionaria de moedas de céntimos de euro, desde a dun céntimo ata a de 50 céntimos, que comezaron a emitirse en 2002.Serie de moedas deseñadas por Heikki Häiväoja. Numista.com
Heikki Häiväoja foi membro de diversas entidades académicas e asociativas, como a Asociación de Escultores de Finlandia, a Asociación de Artistas de Jyväskylä, a Asociación de Artistas de Vantaa e o Gremio Finlandés da Medalla de Arte.
Recoñecementos Pola súa traxectoria artística recibiu as seguintes honras no seu país:
(1981): Medalla Pro Finlandia, da Orde do León de Finlandia. (1996): Orde da Rosa Branca de Finlandia, primeira clase. (1997): Medalla da Honrra Militar. (1999): Cruz ao Mérito dos Veteranos de Guerra.
Vida persoal Heikki Häiväoja estivo casado coa artista de moda Martta Virtanen e en segundas nupcias coa doutora en teoloxía Brita Nickels, e tivo un fillo e unha filla.
Häiväoja finou o 15 de setembro de 2919 no Hospital Kaunial de Kauniainen, aos 90 anos.Esquela funeraria. https://hs.mediadelivery.fi
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Kormano, Ritta. "Häiväoja, Heikki". En Knif, H.; F. Hertzberg (red.) (2011). Biografiskt lexikon för Finland 3. Republiken A-L. Atlantis. ISBN 978-951-583-235-1
Outros artigos
Lista de deseñadores das moedas de euro
Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Nados na rexión de Finlandia Central Categoría:Escultores de Finlandia Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Personalidades sen imaxes