Rokia Traoré, nada o 24 de xaneiro de 1974, é unha cantante, compositora e guitarrista maliana.

Traxectoria

Traoré pertence á etnia bambara, tamén chamada bamana. Naceu en 1974 na rexión de Belidougou, en Malí, preto da fronteira con Mauritania."Rokia Traoré" , en Radio France Internationale. Durante a súa infancia e mocidade residiu en varios países do mundo -entre eles Alxeria, Arabia Saudita, Francia e Bélxica-, debido a que o seu pai era diplomático. "Rokia Traoré" en Allmusic. ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d5/Rokia_Traor%C3%A9_singing.jpg/220px-Rokia_Traor%C3%A9_singing.jpg|esquerda|miniatura|Rokia Traoré Aínda que os bambara teñen unha importante tradición musical, baseada nos griots, músicos profesionais, a familia de Traoré pertencía á nobreza, que ten tradicionalmente prohibido dedicarse á música. No entanto, Rokia emprendeu a carreira musical, contando entre os seus primeiros mestres ao soado guitarrista maliano Ali Farka Touré.

Unha das súas primeiras cancións, "Finini", tivo un grande éxito no seu país natal. En 1997 gañou o premio "Découverte Afrique" de Radio Francia Internacional, o que lle proporcionou a oportunidade de darse a coñecer fóra de Malí. O seu primeiro disco publicado internacionalmente, Mouneissa (1998) tivo un grande éxito polo seu tratamento da música tradicional maliana e o emprego de instrumentos como o n'goni, a kora e o balafon xunto coa guitarra e o baixo acústicos. En Europa vendeu unhas 40.000 copias. Dous anos despois, en 2000, publicou Wanita, álbum para o que compuxo a letra e a música de todos os temas.

En 2003 publicou o seu terceiro álbum, Bowmboï, e en 2008 o cuarto, Tchamantché. Neste último, Traoré asina todas as cancións, fóra dunha versión dun tema de Billie Holiday, The man I love.

Discografía

Mouneissa (1998) Wanita (2000) Bowmboï (2003) Tchamantché (2008) Beautiful Africa (2013) Né So (2016)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina web de Rokia Traoré (en inglés) Artigo en All Music Guide (en inglés) Perfil de Rokia Traoré en rfimusique (en francés) 

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Cantantes en lingua bambara Categoría:Nados en Malí