Laurent Jorio, nado o 1 de xaneiro de 1973"Laurent JORIO". Verif.com en Bouaké, Costa de Marfil, é un deseñador francés, autor do anverso das moedas de 10, de 20 e de 50 céntimos de euro.

Traxectoria

Laurent Jorio diplomouse en 1990 do Bacharelato Internacional de Xenebra e en 1991 do bacharelato francés. Posteriormente cursou estudos superiores de Comercio Internacional e de Deseño e Comunicación Audiovisual na escola Créapole de París."Le concours de dessin pour les pièces de l'euro". Monnaises-rares.com miniatura|140x140px|Moeda de 10 céntimos de euro francesa de 2001. Durante a súa estadía como estudante en París, en 1999 creou o deseño do anverso das moedas divisionarias francesas da serie do euro con valores de 10, de 20 e de 50 céntimos, consistente nunha reinterpretación da clásica "sementadora", creada en 1897 polo escultor e medallista francés Oscar Roty (1846-1911).Moedas creadas por Laurent Jorio. Numista.com

A marca de gravador de Jorio nestas moedas consiste na inscrición da frase "L. JRIO d'ap. O. ROTY" ("Laurent Jorio a partir de Oscar Roty") en orientación vertical no seu anverso.

Notas

Outros artigos

Lista de deseñadores de moedas de euro

Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Costa do Marfil Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Personalidades sen imaxes