Francisco García Muruais, nado na Pontenova cara a 1861 e finado en Lugo o 31 de decembro de 1936, foi un labrego e político galego.
Traxectoria Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1936 foi elixido concelleiro de Vilameá. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi elixido alcalde de Vilameá o 6 de marzo de 1936.BOP Lugo, 20-7-1936, p. 3. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Lugo por rebelión militar foi condenado a cadea perpetua. Ingresou na Prisión de Lugo o 26 de decembro de 1936. Morreu na Prisión de Lugo cinco días despois. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo
Categoría:Alcaldes de Vilameá Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Pontenova Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1936