A Copa Italia (en ), coñecida por motivos de patrocinio como Coppa Italia Frecciarossa, é unha competición de fútbol de Italia. Trátase da máis importante competición italiana en formato de copa, así como da segunda competición nacional máis prestixiosa do país, por detrás do campionato de liga. Está organizado baixo a xurisdición da FIGC. O vixente campión da Copa Italia pode adornar os seus uniformes oficiais, durante os doce meses seguintes á conquista do trofeo, coa escarapela tricolor italiana como símbolo identificativo da vitoria.
A primeira edición do torneo tivo lugar en 1922, e foi a única organizada directamente pola Federación de Fútbol de Italia. A competición reviviuse na tempada 1926/27 (edición que se interrompeu nos oitavos de final), e posteriormente reorganizouse anualmente a partir da tempada 1935/36. Nestes dous períodos o torneo foi organizado polo Directorio de Divisións Superiores . A competición foi de novo interrompida en 1943 debido á segunda guerra mundial, e retomouse en 1958 baixo o amparo da Liga Nacional Profesional ata a edición 2009/10 . Dende entón está organizada pola Lega Serie A.
Ao longo da súa historia, 16 equipos diferentes conseguiron proclamarse campión, sendo o club máis laureado a Juventus, con 14 trofeos (dos cales catro foron consecutivos de 2015 a 2018). Dende 1936, o equipo gañador obtén, ademais do trofeo e os posibles beneficios monetarios, a cualificación para competicións europeas. Dende 2009 o vencedor accede á Europa League.No pasado o vencedor da Copa accedía a outras competicións europeas. Así, entre as tempadas 1935/36 e 1942/43 a Copa Italia daba acceso á Copa Mitropa, entre as edicións de 1960/61 e 1997/98 garantía un posto na Recopa de Europa, e trala supresión desta última competición, a partir da edición 1998/99 o club vencedor da copa italiana clasifícase para a Copa da UEFA, denominada Europa League dende 2009. Desde 1988, o gañador da Copa disputa ademais a Supercopa italiana contra o vencedor da Serie A.
Historia
Década de 1920 esquerda|miniatura| O Vado, equipo gañador da primeira edición absoluta da Copa de Italia disputada en 1922. O nacemento da Copa Italia forma parte dos convulsos acontecementos que trastornaron a organización do fútbol italiano en 1921. Ese ano, un profundo desacordo entre os grandes clubs e a Federación Italiana de Fútbol, relativo á estrutura da máxima liga, levou á secesión dos clubs máis importantes nunha liga independente, a Confederación Italiana de Fútbol.
Atopándose cun torneo practicamente baleiro a nivel técnico, a Federación de Fútbol decidiu concretar a tempada competitiva 1921/22 propoñendo unha nova competición, paralela ao campionato e con eliminación directa: foi así como o 2 de abril de 1922 se disputaron os primeiros partidos da nova copa nacional. Porén, se a falta de interese provocada pola participación de débiles e maiormente descoñecidos clubs non xerase xa suficientes problemas no campionato, para a estrea da Copa de Italia o interese do público resultou case nulo. Isto, sumado ao complicado mecanismo de repescas e ás continuas retiradas fixeron que trala a vitoria do Vado, formación de segunda categoría, sobre o Udinese na prórroga, o novo evento non atopase espazo nas reformas que no verán de 1922 arranxaron o cisma do fútbol italiano.
Catro anos despois, na tempada 1926/27 tentouse de novo a realización do torneo, pero acabou interrompido aos poucos días, por falta de datas dispoñibles. Mentres, entre as décadas de 1920 e 1930 proliferaron na península diversas competicións menores, como a Copa CONI, a Copa Arpinati e a Copa da Italia Central, que con todo, carecían do carácter "nacional" da Copa Italia.
Década de 1930 ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0b/Associazione_Calcio_Genova_1893_-_Coppa_Italia_1936-37.jpg/220px-Associazione_Calcio_Genova_1893_-_Coppa_Italia_1936-37.jpg|miniatura| Os xogadores do Genoa posan co trofeo que gañaron na edición 1936/37. Non foi ata 1935, cando coa redución de equipos na máxima categoría a 16 e o consecuente maior espazo no calendario, puido retomarse a Copa Italia de xeito estable e continuado. O regulamento seguiu o modelo da Copa Inglesa: todos os partidos disputáronse a partido único nun campo designado por sorteo e en caso de empate despois do tempo adicional, estableceuse a repetición do partido no campo contrario.
Todos os clubs da Serie A, Serie B e Serie C tiñan acceso á competición, cos de primeira división entrando directamente no cadro principal, mentres que os demais debían disputar previamente unha serie de eliminatorias. O cadro principal incluía cinco roldas a partir dos dezaseisavos de final. En canto á final, inicialmente tentouse levar adiante a idea dun campo neutral que cambiase cada ano, así como unha sede fixa na capital de Italia, Roma. Con todo, pronto se volveu cara á fórmula de dobre partido nos dous campos dos finalistas. O gañador da Copa Italia tamén recibía o dereito a participar na Copa de Europa Central ao ano seguinte.
O primeiro vencedor do torneo renovado foi o Torino, que venceu ao Alessandria na final do estadio Luigi Ferraris de Xénova o 11 de xuño de 1936. Durante os seguintes anos, o título foi parar aos clubs máis importantes da época: Genoa, Fiorentina, Ambrosiana-Inter e Juventus. Destacou o triunfo da Juventus na tempada 1937/38, nunha final que, por primeira vez na historia da copa, viu un derbi, o de Turín.
Década de 1940 miniatura| O Venezia campión da edición 1940/41. Na edición 1940/41 causou sensación o éxito do Venezia, un equipo historicamente afastado do fútbol de máximo nivel, que con todo, naqueles anos contaba con xogadores destinados a converterse en estrelas consolidadas en pouco tempo, sobre todo Ezio Loik e Valentino Mazzola. Estes dous foron dous dos piares nos seguintes anos do Grande Torino, que na tempada 1942/43 conquistou a Copa e tamén a Serie A, converténdose así no primeiro club en gañar os dous grandes trofeos nacionais nunha mesma campaña. Na anterior edición, os seus rivais da Juventus, tras vencer na final ao Milan, foron os primeiros en gañar a Copa Italia por segunda vez.
O drama da segunda guerra mundial interrompeu a breve historia da competición, e despois da guerra a expansión da Serie A ata 20 equipos deixou sen espazo á copa nacional. Na primeira tempada de posguerra (1945/46), ao non se organizar un campionato de grupo único de carácter nacional, os equipos do norte excluídos da fase final disputaron a Coppa Alta Italia, gañada polo .
Década de 1950 A competición non se volveu disputar ata 1958, cando a Lazio superou á Fiorentina na final. Organizado pola Lega Nazionale Professionisti, viuse resucitada grazas ao emerxente proxecto dunha nova competición europea, a futura Recopa de Europa, que se anunciou estruturada como a xa existente Copa de Europa, pero para equipos campións das copas nacionais. O final da tempada 1957/58 da Serie A adiantouse a varias semanas antes do habitual, debido á disputa do Mundial de Suecia no verán. Con todo, finalmente a selección italiana non conseguiu a clasificación para o certame, polo que se decidiu comezar a disputa da edición 1958/59 da Coppa Italia antes do previsto, antes incluso de que se disputase a final da edición anterior.esquerda|miniatura| O Torino que conquistou a Copa e a liga na tempada 1942/43. A tradicional escarapela tricolor, símbolo da vitoria na Copa, foi utilizada por primeira vez pola Lazio tralo seu triunfo de 1958, e desde entón adoptada oficialmente pola Lega. Na edición 1959/60 gañada pola Juventus, debutou o trofeo da Copa Italia que aínda está hoxe en uso, en ouro e decorado na base con esmaltes tricolores que lembran as cores da bandeira nacional.
A Recopa de Europa viu oficialmente a luz na tempada 1960/61, e foi fundamentalmente o único motivo do renacemento da Copa Italia. Esta necesidade quedou reflectida no esquema de competición, estruturado de xeito que se desenvolvese da forma máis rápida e menos complexa posible. Excluíronse os equipos da Serie C e todas as roldas pasaron a ser a partido único, e unha serie de grellas eliminatorias permitían a entrada dos grandes equipos nunha fase xa moi avanzada.
Na década de 1960 inscribiron o seu nome no palmarés do torneo importantes clubs como a Roma e o Milan entraron na lista de honra da copa, intercalados co sorprendente , vitorioso en 1963. Tamén logrou a fazaña o Napoli, que na tempada 1961/62 converteuse no segundo e ata agora último equipo en gañar a Copa sen estar militando na máxima categoría do fútbol italiano.
A partir da edición 1967/68 suprimiuse a final a dobre partido que levaba utilizándose dende os inicios do torneo, pasando os catro equipos semifinalistas a enfrontarse nun grupo final, do que se proclamaría vencedor o que máis puntos obtivese nos enfrontamentos entre eles nun sistema de liga.
Para relanzar a competición e atraer público aos estadios, a FIGC decidiu na campaña seguinte substituír todas as eliminatorias, excepto os cuartos de final, por unha serie de grupos, aproveitando a redución de equipos da Serie A a 16 e o maior espazo no calendario.miniatura| Os xogadores da Fiorentina levantando a súa segunda Copa Italia na tempada 1960/61.Na edición 1970/71 o Torino e o Milan acabaron empatados a puntos no grupo final, sendo necesario un partido de desempate en campo neutral para a decisión do título, que ademais se resolveu por primeira vez cunha quenda de penaltis. Isto levou aos organizadores a retomar a tradicional final única xa na seguinte tempada, a 1971/72 .
Dende entón e durante case toda a década mantívose o mesmo sistema de competición. Nunha primeira fase formábanse sete grupos de cinco equipos cada un, con partidos só de ida. Os sete vencedores dos sete grupos pasaban a unha segunda rolda, na que se sumaba o vixente campión de Copa, e repartíanse en dous novos grupos de catro equipos cada un.
Os dous primeiros clasificados de cada grupo enfrontábanse entón na restaurada final única, esta vez cunha sede fixa no estadio olímpico de Roma e en presenza do presidente da República. A sede fixa en Roma mantívose ata a edición de 1979/80, coas excepcións das tempadas 1976/77 e 1978/79, disputadas en San Siro e no estadio San Paolo respectivamente.
O equipo con máis títulos dos anos 70 foi o Milan, que conseguiu coser a escarapela no peito en tres ocasións das cinco finais que disputou, a última delas nun derbi de Milán contra o Inter. O derbi reeditouse na final da seguinte edición, sendo esta vez o título para o equipo nerazzurro, que cortou así unha seca de 39 anos sen éxitos na Copa. O saíu triunfante dúas veces durante a década, mentres que un sorprendente Palermo conseguiu xogar dúas finais, a pesar de militar na Serie B.
Década de 1980 O éxito cada vez maior das competicións europeas levou aos organizadores da Copa Italia a repensar unha vez máis o formato, introducindo roldas eliminatorias coa regra do gol en campo contrario. O cambio aplicouse en 1979, cando se disputaron con este método os cuartos de final e as semifinais, e estendeuse á final dous anos despois, e aos oitavos de final en 1982, xunto coa readmisión dos clubs da Serie C1.
A partir da edición 1980/81 a final disputouse a ida e volta, con prórroga e quenda de penaltis en caso de empate, sistema que se mantivo sen cambios ata a edición 2006/07.
Coa década de 1980 chegou a hexemonía deportiva da Roma e da Sampdoria, que levantaron o trofeo en catro e tres ocasións respectivamente. Co triunfo na edición 1987/88, o equipo xenovés foi tamén o primeiro en conseguir, xunto coa clasificación europea, tamén o acceso a unha nova competición nacional, a Supercopa italiana, que desde 1988 enfronta aos gañadores do campionato da Serie A cos da Copa Italia.
Década de 1990