é un concepto xaponés que non ten tradución literal. Pode definirse como «a razón de vivir» ou «a razón de ser», é dicir, aquilo que fai que a vida pague a pena. Todas as persoas, conforme a cultura xaponesa, teñen un ikigai. Porén, atopalo require unha busca interior profunda e decote prolongada. Esta busca é considerada esencial, xa que se cre que o descubrimento do propio ikigai trae o sentido da vida e, á súa vez, un motivo de satisfacción con esta.
Etimoloxía O termo ikigai componse de dúas palabras xaponesas: , que se refire á vida, e , que por rendaku (fenómeno morfofonolóxico do xaponés) dá lugar a gai e aproximadamente significa «a realización do que un espera e desexa».
Contexto Na cultura de Okinawa, o ikigai concíbese como «unha razón para erguerse pola mañá», é dicir, unha razón para gozar da vida. Nunha palestra de TED, o académico Dan Buettner suxeriu que o ikigai era un dos motivos polos que a xente de Okinawa tiña unha vida tan longa.
A palabra ikigai utilízase tamén para referirse ás circunstancias mentais e espirituais en que as persoas senten que as súas vidas son valiosas. Non está necesariamente ligada á situación económica persoal ou ao estado particular da sociedade. Unha persoa pode experimentar o ikigai malia sentir que o presente sexa sombrío, mais ten un obxectivo en mente. Os comportamentos que fan sentir o ikigai non son accións de obrigado cumprimento, senón naturais e espontáneas.
No artigo titulado Ikigai — jibun non kanosei, kaikasaseru katei («Ikigai: o proceso de permitir que as posibilidades dun mesmo florezan»), Kobayashi Tsukasa escribe que «a xente pode sentir o auténtico ikigai só cando, sobre a base da madurez persoal, da satisfacción de diversos desexos, do amor e da felicidade, se atopa cos demais e cun sentido do valor da vida que avanza cara á autorrealización».
Notas
Véxase tamén Outros artigos areté logos Ligazóns externas "Ikigai", More Explore. "Ikigai and Mortality" Psychology Today. 17 de setembro de 2008 Ikigai – Los secretos de Japón para una vida larga y feliz .
Categoría:Cultura do Xapón