Jarlath Fabian Hayes, nado en Dublín o 11 de setembro de 1924 e finado o 17 de maio de 2001, foi un tipógrafo e deseñador gráfico irlandés, coñecido polo seu deseño das moedas do euro de Irlanda.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Jarlath Hayes foi o cuarto dos seis fillos de Lilian Delahunty e o contable Richard Hayes. Cursou o seu ensino secundario na Synge Street Christian Brothers School, de Dublín."Master typographer and designer". En Irish Times. 16 de xuño de 2001.
Publicista En 1945, Hayes iniciou a súa carreira no sector publicitario, traballando na compañía O'Kennedy-Brindley & O'Keeffe's Advertising,Bolger, M. A. (2020). "Genius loci: 64-66 Lower Gardiner Street ". ICAD.ie e tamén foi profesor de deseño publicitario a tempo parcial no Instituto de Tecnoloxía de Dublín (DIT). En 1958 foi un dos fundadores, xunto con Talbot Kelly, do Instituto de Publicidade e Deseño Creativo, entidade que presidiu entre 1964 e 1966."ICAD Presidents ": Icad.ie. 2020. En 1963 fundou Group 3 Design, xunto con dous socios deseñadores.
Artista gráfico e tipógrafo A partir de 1970 pasou a traballar como artista gráfico independente, e máis tarde coa súa filla Susan. Residía e traballaba en Stillorgan, no condado de Dublín, e o seu traballo centrouse na tipografía e no deseño de libros. Entre 1973 e 1986 dedicouse ao deseño de libros para varias compañías editoras irlandesas, como Dolman Press, Gill & Macmillan, Four Courts Press e The Lilliput Press.
Como tipógrafo, Jarlath Hayes traballou intensamente na procura dun tipo de letra con serifas perfectas. A súa Tuam Uncial fíxose moi coñecida polos telespectadores irlandeses porque se utilizaba nos créditos da serie de televisión Glenroe, emitida pola RTÉ One durante 18 tempadas. En Irlanda, este tipo de letra tamén é recorrente en publicidade exteriorOram, H. (2017). The Little Book of Stillorgan. The History Press, Dublín. ISBN 978-0-7509-8353-2 e utilizouse nas cubertas dos discos do grupo musical irlandés Clannad. En maio de 2020 púxose a disposición unha versión dixital desta fonte deseñada por Hayes.Neylon, L. (2020). "After Almost 50 Years, a Renowned Irish Font Is Brought Into the Digital Age". En Dublin Inquirer. 24 de xuño.
Deseñador de selos e moedas O deseño do selo postal irlandés de 1995 conmemorativo do 50º aniversario da fundación das Nacións Unidas tamén foi obra de Hayes.Stanley Gibbon Stamp Catalogue: Ireland. Stanley Gibbons, Londres. 2004. Páxina 20. ISBN 0-85259-583-2
No entanto, a obra que lle achegou a Hayes unha maior proxección internacional foi o anverso nacional común para toda a serie de moedas do sistema do euro cuñadas por Irlanda a partir de 2002, desde o céntimo ata os dous euros, baseado na representación dunha Arpa celta, símbolo do país."National sides of euro coins Ireland". European Comission.Moedas deseñadas por Jarlath Hayes. Numista.com Hayes foi tamén o autor dunha moeda de prata con valor de 10 euros emitida por Irlanda en conmemoración dos Xogos Olímpicos Especiais celebrados en Dublín en 2003."10 Euro Special Olympics". Numista.com
Vida persoal Jarlath Hayes estivo casado con Oonagh Hayes, con quen tivo un fillo e catro fillas.
Finou o 17 de maio de 2001 aos 76 anos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de deseñadores das moedas de euro
Categoría:Nados en 1924 Categoría:Nados en Dublín Categoría:Tipógrafos Categoría:Publicistas Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Deseñadores gráficos