Joaquin Jimenez, nado en Saumur, Val do Loira, o 23 de outubro de 1956,"Guerre en Ukraine. La Monnaie de Paris crée une pièce dessinée par le Saumurois Joaquin Jiménez". En Le Kiosque. 2 de marzo de 2022. é un escultor, pintor, medallista e deseñador de moedas, nomeado en 2020 gravador xeral de moedas de Francia.

Traxectoria Joaquin Jimenez comezou a deseñar moedas do anterior sistema monetario do franco francés para a Monnaie de Paris en 1986 e foi un prolífico creador de moedas conmemorativas durante a década de 1990. Coa chegada do euro, encomendóuselle a creación dos deseños para os anversos da serie circulante francesa completa, desde o céntimo aos dous euros, que comezou a cuñarse en 1999, así como unha gran cantidade de moedas francesas conmemorativas co seu valor facial en euros.Moedas creadas por Joaquin Jimenez. Numista.com Unha destas creacións foi o anverso da moeda de dous euros conmemorativa dos 35 anos do Programa Erasmus, que se emitiu conxuntamente en todos os Estados da Eurozona."2 Euro (Erasmus Programme)". Numista.com

Joaquin Jimenez creou ademais deseños propios para moedas de países e autoridades emisoras alleas á Eurozona, como Xibraltar, Niue ou Suíza.

En 2020 accedeu ao prestixioso cargo de gravador xeral de moedas de Francia."Joaquin Jimenez nommé Graveur général des monnaies". En Numismag.com. 21 de xullo de 2020."Joaquin Jiménez. Graveur Général de la Monnaie de Paris depuis juillet 2020". Emile-rousseau.fr

En 2008 foi nomeado cabaleiro da Orde das Artes e das Letras,"Nomination ou promotion dans l'ordre des Arts et des Lettres juillet 2008". Ministère de la Culture. e foi promovido a comendador desta orde en 2021."Nomination dans l'ordre des Arts et des Lettres – hiver 2021". Ministère de la Culture.

Moedas creadas por Joaquin Jimenez

Moedas circulantes

Moedas conmemorativas

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Gravador xeral de moedas de Francia Monnaie de Paris

Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados no departamento de Maine e Loira Categoría:Escultores de Francia Categoría:Deseñadores de moeda de Francia