Laxå é un concello sueco (kommun) do condado de Örebro. A súa capital é a localidade de Laxå. No ano 2024 o municipio tiña unha poboación de 5 423 habitantes.

Xeografía Laxå atópase no suroeste do condado de Örebro. O concello limita co municipio de Karlsborg ao sur, co de Töreboda ao suroeste e co de Gullspång ao oeste, os tres no condado de Västra Götaland. Ao norte limita co concello de Degerfors, ao nordés cos de Lekeberg e Hallsberg, e ao sueste co de Askersund, no condado de Örebro.

Topografía e hidrografía Grandes partes do concello están cubertas de bosque, e a área e rica en turbeiras e zonas húmidas. Unha das máis coñecidas é Skagershultamossen, que se estende ata o municipio de Lekeberg. Na parte meridional do concello de Laxå hai partes do parque nacional de Tiveden, unha zona coñecida pola súa beleza natural e pola súa rica biodiversidade.

Algúns pequenos esker atravesan a paisaxe, como o Finnerödjaåsen, que en Ullsand se converte nunha gran campo de correntes subglaciais. Ao oeste Laxå limita cos lagos Skagern e Unden, que contribúen á beleza natural e á recreación da zona.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Örebro