A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela (BMSC) é unha banda de música do Concello de Santiago de Compostela. Fundada en 1848, trátase dunha das bandas de música máis antigas de Galiza. O seu director é David Fiuza.

Traxectoria esquerda|miniatura|A Banda Municipal de Santiago de Compostela en 1908. A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela naceu como unha agrupación de músicos afeccionados en 1848 como Banda del Hospicio, xa que estaba integrada principalmente por instrumentistas que pertencían á Casa Hospicio. Esta banda herdou instrumentos e uniformes da desaparecida Banda de la Milicia Nacional. En 1876 a agrupación comeza a profesionalizarse da man do Concello, que regulou as condicións de acceso dos músicos que a integraban.

Entre 1959 e 1964 a banda tivo que disolverse a causa da mala situación económica que vivía daquela o Concello de Santiago.

En 2018 a banda celebrou o seu 170 aniversario con diversos actos na Cidade da Cultura de Galicia nos que, amais da presenza da música, falouse da situación da institución no momento, as mudanzas que precisa, entre outros temas.

En 2021, logo de cinco anos sen renovar o director da agrupación, iniciouse a convocatoria pública para cubrir o posto que estaba a exercer Casiano Mouriño. O concurso non estivo exento de polémica, ao denunciar a oposición no concello compostelán que os aspirantes alleos á banda realizaran o segundo exercicio días antes dos que si tiñan vínculo coa institución. Ademais sinalouse que un dos aspirantes, músico da agrupación, encontrábase entre os instrumentistas que acompañaban aos aspirantes, unha irregularidade que foi corrixida polo Concello. Finalmente, o director carbiao David Fiuza acadou a maior puntuación e foi nomeado director da agrupación.

En xaneiro de 2022 presentou o I Concurso de Dirección da BMSC, destinado a profesionais da dirección orquestral, que se celebrou entre os días 15 e 18 de marzo dese mesmo ano no Auditorio de Galicia. Amais dun premio en metálico, a persoa gañadora tería a posibilidade de participar como director convidado da banda.

Directores miniatura|David Fiuza, director da agrupación dende 2021. A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela tivo numerosos directores ao longo dos seus máis de 170 anos de historia. As últimas persoas que ocuparon o posto foron:

Xosé Carlos Seráns: 2009-2013 Miguel Romero Llopis 2013-2016 Casiano Mouriño: 2016-2021 David Fiuza: 2021-

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela en YouTube

Categoría:Santiago de Compostela Categoría:Bandas de música de Galicia