A Banda de Gaitas Municipal de Carballo é unha banda de gaitas do Concello de Carballo, Galiza.

Os inicios da agrupación remóntanse ao ano 1998, cando un reducido número de alumnos do CMUS de Carballo empezan a reunirse baixo a batuta de Raquel Pato Lorenzo, profesora na devandita institución.

Non obstante, os inicios formais e oficiais da Banda de Gaitas datan do ano 1999, grazas a Mario Seoane Blanco, profesor de gaita galega no Conservatorio de Carballo.

Dende 2002 é coordinada e dirixida polo malpicán Jesús Moreira Castro.

A agrupación está formada por máis de vinte integrantes. Notas

Categoría:Cultura en Carballo Categoría:Bandas de música de Galicia