Slender Man é un filme estadounidense de 2018 dirixido por Sylvain White e escrito por David Birke. Baséase no personaxe homónimo. O filme está protagonizado por Joey King, Julia Goldani Telles, Taylor Richardson, Jaz Sinclair, Annalise Basso e Alex Fitzalan, con Javier Botet como o personaxe do título.

O desenvolvemento do filme comezou en maio de 2016, con Birke contratado para escribir o guión e gran parte do elenco asinando un ano despois. A rodaxe tivo lugar en Massachusetts en xuño e xullo de 2017.

Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 10 de agosto de 2018, e recadou 52 millóns de dólares. Recibiu moi malas valoracións pola crítica e Sinclair foi nomeada ao Golden Raspberry á peor actriz secundaria.

Personaxes

Joey King como Wren Julia Goldani Telles como Hallie Knudsen Jaz Sinclair como Chloe Annalise Basso como Katie Jensen Alex Fitzalan como Tom Taylor Richardson como Lizzie Knudsen Javier Botet como Slender Man Kevin Chapman como Mr. Jensen Jessica Blank como Mrs. Knudsen Michael Reilly Burke como Mr. Knudsen Samara Lee como Esther David Morse como Jeremy Newsman

Notas

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Screen Gems Categoría:Filmes rodados en Massachusetts Categoría:Filmes ambientados en Massachusetts Categoría:Filmes baseados en mitoloxía