Luis Goytisolo Gai, nado en Barcelona o 17 de marzo de 1935 e finado o 12 de xullo de 2026 en Vimbodí i Poblet, foi un novelista español, coñecido principalmente pola súa tetraloxía Antagonía. En 2013 foi galardoado co Premio Nacional das Letras Españolas.
Traxectoria Era o irmán máis novo dos tamén escritores José Agustín (1928-1999) e Juan Goytisolo (1931-2017). Do mesmo xeito que eles, Luis estudou Dereito, pero abandonou a carreira para dedicarse á literatura.
Colaborou en xornais como El País, ABC e Diario 16. Desde 1994 ata o seu falecemento foi membro da Real Academia Española sentando na cadeira C.
Na cidade do Puerto de Santa María atópase a Fundación Luis Goytisolo, situada no rococó Palacio de Vilarreal e Purullena, do século XVIII . Dita fundación celebra anualmente simposios sobre narrativa hispánica contemporánea, que convocan a conferenciantes do mundo das letras e a universidade de España e o estranxeiro.
Obra miniatura|Luís Goytisolo na Feira do Libro de Madrid (2015) Os seus dous primeiros libros —Las afueras e Las mismas palabras— inscríbense dentro do realismo social e testemuñal. Pero, tras anos de silencio e dun xiro cara ao relato de imaxinación (Fábulas, escrito entre 1968 e 1978, pero publicado en 1981), é na década de 1970 cando dá a medida do seu talento cunha tetraloxía de longa elaboración, Antagonía, cuxo tema é a arte da escritura. Claude Simon inclúea entre o tres grandes novelas do século. Destaca a súa preocupación polos trazos estruturais e formais do relato.
A tetraloxía componse de Recuento (1973), Los verdes de mayo hasta el mar (1976), La cólera de Aquiles (1979) e Teoría del conocimiento (1981). Nesta extensa e complexa obra, na novela faise reflexión sobre a novela mesma: partindo dos problemas que se expón un/a novelista personaxe, realízase un replaneamento da arte narrativa e unha experimentación de diversas técnicas e estilos. Todo iso é moi revelador das preocupacións do momento sobre as estruturas e o destino do xénero.
Narrativa
Las afueras (1958). Premio Biblioteca Breve. En Anagrama, ISBN 978-84-339-9849-1. Las mismas palabras (1963). Estela del fuego que se aleja (1984). En Anagrama, ISBN 978-84-339-1703-4. Investigaciones y conjeturas de Claudio Mendoza (1985). Siruela. ISBN 978-84-17151-25-6. La paradoja del ave migratoria (1987). Estatua con palomas (1992). Siruela. ISBN 978-84-9841-314-4. Diario de 360º (2000). Siruela. ISBN 978-84-9841-358-8. Liberación (2003). Siruela. ISBN 978-84-15937-35-7. Tres comedias ejemplares (2004). Alfaguara. ISBN 978-84-204-0118-8. Compilación de: Mzungo (1996). Placer licuante (1997). Alfaguara. ISBN 978-84-204-2290-9. Escalera hacia el cielo (1999). Oído atento a los pájaros (2006). Siruela. ISBN 978-84-16465-88-0. Cosas que pasan (2009). Siruela. ISBN 978-84-9841-322-9. Antagonía (2012). Cátedra. ISBN 978-84-376-3495-1. Compilación de: Recuento (1973). Los verdes de mayo hasta el mar (1976). La cólera de Aquiles (1979). Teoría del conocimiento (1981). El lago en las pupilas (2012). Siruela. ISBN 978-84-9841-837-8. El atasco y demás fábulas (2016). Anagrama. ISBN 978-84-339-9812-5. Compilación de: Ojos, círculos, búhos (1970). Devoraciones (1976). Fábulas (1981). Coincidencias (2017). Anagrama. ISBN 978-84-339-9826-2. Chispas (2019). Anagrama. ISBN 978-84-339-9880-4.
Ensaio
Índico (1992). El impacto de la imagen en la narrativa española contemporánea (1995). El porvenir de la palabra (2002). Taurus. ISBN 978-84-306-0490-6. Naturaleza de la novela (2013). Anagrama. ISBN 978-84-339-6354-3. El sueño de San Luis (2015). Anagrama. ISBN 978-84-339-6383-3.
Premios
1958: Premio Biblioteca Breve pola novela Alas afueras. 1976: Premio Cidade de Barcelona pola novela Los verdes de mayo hasta el mar. 1984: Premio da Crítica pola novela Estela del fuego que se aleja. 1993: Premio Nacional de Narrativa pola novela Estatua con palomas. 2013: Premio Anagrama de Ensaio polo ensaio Naturaleza de la novela. 2013: Premio Nacional das Letras Españolas en recoñecemento de toda a súa carreira profesional.
Notas
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2026