Natalija Pogonina, nada en Vladivostok o 9 de marzo de 1985, é unha gran mestra de xadrez rusa. Desde 2004 foi membro do equipo de Rusia e gañou tres medallas de ouro olímpicas para o seu país.

Tres veces campioa de Europa (unha en Sub-16 e dúas en Sub-18), gañou a medalla de bronce no Campionato do Mundo Sub-18 e o Campionato de Europa Feminino, e a medalla de ouro no primeiro International Mind Sports Games. Foi campioa rusa feminina en 2012 e 2018 e número 1 en varios torneos internacionais prestixiosos, entre eles o Bykova Memorial (2006), o Rudenko Memorial (2007) e o Moscova Open (2009).

En 2011 Natalia converteuse na única xadrecista do mundo que gañou simultaneamente a Eurocopa e o Campionato Europeo de Xadrez por Equipos, e en 2013 a única persoa que obtivo os títulos de campioa rusa individual e por equipos. Foi subcampioa no Mundial de Xadrez Feminino por equipos en 2011 e gañou a medalla de bronce en 2013.

En 2015 converteuse en subcampioa do Mundial de Xadrez Feminino.

Vida privada Ten un mestrado en dereito da Academia Estatal de Dereito de Saratov. O 5 de xuño de 2009 casou con Peter Zhdanov e teñen un fillo, Nikolai, nado o 18 de novembro de 2009. É membro de chessgames.com co nome de usuaria "Natalia Pogonina" e ocasionalmente é comentarista e analista de transmisións en vivo de xogos. Tamén é coautora do libro Chess Kamasutra xunto ao seu esposo, malia este non ser publicado finalmente.

Clasificación A cualificación máis alta de Pogonina até a data foi de 2508 en xullo de 2014, cando ocupou o posto número 15 na clasificación mundial de xadrecistas femininas. A súa clasificación máis alta foi o número 14 na lista de mulleres entre abril de 2009 e maio de 2010, cunha cualificación de 2501. En novembro de 2022 a súa cualificación é de 2432.

Notas

Categoría:Xadrecistas de Rusia Categoría:Nados en Vladivostok Categoría:Nados en 1985