A Asociación Galega de Axuda a Ucraína, máis coñecida como AGA Ucraína, é unha unha asociación galega nada en febreiro de 2022 coa finalidade de prestar axuda humanitaria ao pobo ucraíno no contexto da invasión rusa de Ucraína. Traxectoria Foi constituída o 28 de febreiro de 2022 por residentes ucraínos en Galicia para articular o envío de material de primeira necesidade a Ucraína por mor da súa invasión pola Federación Rusa e facilitar a acollida de refuxiados do conflito. Fundada na Coruña, ten delegacións nas catro provincias de Galicia.
A partir de marzo de 2022 comezou a recollida de alimentos, roupa de abrigo e medicamentos para o seu posterior envío a Ucraína, onde é repartida a través de diferentes institucións. Durante os primeiros nove meses de existencia, AGA Ucraína fretou 24 camións para fornecer axuda humanitaria. En paralelo, a asociación ten un programa de acollida de refuxiados mantendo estreita colaboración coa ONG ucraína KOLO Charity Foundation que traballa en asentamentos de persoas desprazadas polo conflito.
AGA Ucraína colabora con diferentes institucións públicas e privadas de Galicia, como o Concello da Coruña, a Xunta de Galicia, a UDC ou Afundación. Debido ás súas actividades, AGA Ucraína foi recoñecida co Premio Solidario Grupo Social ONCE Galicia 2022.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Invasión rusa de Ucraína de 2022
Ligazóns externas
Páxina web da AGA Ucraína
Categoría:Asociacións de Galicia Categoría:Organizacións non gobernamentais Categoría:Invasión rusa de Ucraína de 2022