Ram Jaane (en ) é un filme indio de 1995 dirixido por Rajiv Mehra. Conta a historia dun neno sen nome (interpretado por Shah Rukh Khan) que medra até converterse nun gángster. Usa o nome de Ram Jaane despois de reunirse cun sacerdote que lle respondeu á pregunta de cal era o seu verdadeiro nome cun "Ram Jaane" (Ram sabe, ou sabe Deus). É a cuarta vez que Shah Rukh Khan interpretou un rol como malvado, logo de Baazigar, Darr e Anjaam. Ram Jaane foi lanzado cunha recepción positiva por parte do público e foi un éxito comercial. Shah Rukh Khan comprou os dereitos deste filme baixo o seu selo Red Chillies Entertainment. Este foi o segundo filme de Rajiv Mehra no que apareceu Shah Rukh Khan despois de Chamatkar, en 1992; ese filme foi un fracaso de recadación, mais Ram Jaane resultou un éxito.

Personaxes

Shahrukh Khan como Ram Jaane Juhi Chawla como Bela Vivek Mushran como Murli Pankaj Kapur como Pannu Technicolor Puneet Issar como Inspector Chewte Tinnu Anand como Sameer Sanwla Deven Verma como Daddu Uncle Gulshan Grover como Bhau G.P Singh como Baweja Builder Arun Bali como Paowala Baba Amritpal como Mirchi Chandu Parkhi como Drunkyard Brownie Parasher como Amar Ali Asgar como Junior Pannu Javed Rizvi como Sabir (Sargam Gang)

Notas

Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes con banda sonora de Anu Malik