Laureano Amboage Quiñoy, nado en Santiso cara a 1905, foi un pirotécnico galego

Traxectoria

Pirotécnico veciño de Visantoña. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela pola causa 1195/36 o 17 de abril de 1937 xunto con Ricardo Vázquez Gómez, Jesús Rodríguez Vázquez, José Antúnez Barros e Julián Albor Souto, acusados do delito de rebelión, o fiscal pediu a pena de morte para Laureano e Ricardo Vázquez e reclusión perpetua para os outros.El Eco de Santiago, 17-4-1937, p. 2.El Pueblo Gallego, 18-4-1937, p. 11. Finalmente só Ricardo Vázquez foi condenado a morte e Laureano foi condenado a cadea perpetua. Cumpriu condena na Prisión Provincial da Coruña, da que saíu en liberdade provisional en 1941.BOE, 18-7-1941, p. 5371.

Notas

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Santiso Categoría:Nados en 1905