Localización do Patrimonio da Humanidade no Reino Unido.* Castelos e murallas do Rei Eduardo en Gwynedd - ** Stonehenge, Avebury e sitios relacionados - *** Sitio compartido con Alemaña1. Palacio de Westminster, Abadía de Westminster incluíndo a igrexa de Santa Margarida - 2. Torre de Londres - 3. Greenwich marítimo - 4. Xardíns botánicos reais de Kew Ademais hai bens inscritos nas Bermudas (Cidade histórica de Saint George e fortificacións anexas (Bermudas)), en Santa Elena, Ascensión e Tristán de Acuña (Illa Gough e Illa Inaccesible), nas Illas Pitcairn (Illa de Henderson) e en Xibraltar (Conxunto de covas de Gorham)

miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade no Reino Unido, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Hai 33 sitios declarados Patrimonio da Humanidade da UNESCO no Reino Unido e nos Territorios Británicos de Ultramar. A lista da UNESCO contén un sitio designado en Inglaterra e Escocia (o Fronteiras do Imperio Romano) máis dezaoito exclusivamente en Inglaterra, cinco en Escocia, catro en Gales, un en Irlanda do Norte e un en cada un dos territorios de ultramar das Bermudas, Xibraltar, as Illas Pitcairn e Santa Helena. Hai un sitio adicional en parte no territorio británico de Akrotiri e Dhekelia, pero considérase que forma parte da lista de Chipre. Os primeiros sitios do Reino Unido que se inscribiron na Lista do Patrimonio Mundial foron Calzada e costa do Xigante, Castelo de Durham e Catedral de Durham, desfiladeiro de Ironbridge, Parque real de Studley incluíndo as ruínas da Abadía de Fountains, Stonehenge, Avebury e sitios relacionados e os Castelos e murallas do rei Eduardo en Gwynedd en 1986. Os últimos sitios en ser inscritos foron A paisaxe de lousa do noroeste de Gales e o Spa de Bath (como parte) dos grandes Spas de Europa en xullo de 2021.

A constitución da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (comunmente coñecida como UNESCO) ratificouse en 1946 por 26 países, incluído o Reino Unido. O seu propósito era garantir a "conservación e protección da herdanza mundial de libros, obras de arte e monumentos da historia e da ciencia". O Reino Unido achega 130.000 libras anuais ao Fondo do Patrimonio Mundial que financia preservación de sitios en países en desenvolvemento. Algunhas propiedades designadas conteñen varios sitios que comparten unha localización xeográfica ou un patrimonio cultural común.

A Comisión Nacional do Reino Unido para a UNESCO aconsella ao goberno británico, responsable do mantemento dos seus sitios Patrimonio da Humanidade, sobre as políticas relativas á UNESCO. A Comisión Nacional do Reino Unido para a UNESCO realizou investigacións en 2014-2015 sobre Valor máis amplo da UNESCO para o Reino Unido e descubriu que os sitios do Patrimonio Mundial do Reino Unido xeraron un estimado de 85 millóns de libras entre abril de 2014 e marzo de 2015 a través da súa asociación coa rede global.

Os criterios de selección do Patrimonio Mundial I–VI están relacionados culturalmente, e os criterios de selección VII–X son os criterios naturais. Vinte e tres sitios son designados como "cultural", catro como "natural" e un como "mixto". O detalle de sitios por tipo foi similar ás proporcións xerais, dos 1.121 sitios da Lista do Patrimonio Mundial, o 77,5 % son culturais, o 19 % son naturais e o 3,5 % son mixtos. San Kilda é o único Patrimonio da Humanidade mixto no Reino Unido. Preservado orixinalmente só polos seus hábitats naturais, o sitio ampliouse en 2005 para incluír a comunidade crofting que noutrora habitou o arquipélago, o sitio converteuse nun dos só 25 sitios mixtos no mundo. Os sitios naturais son a Dorset e a costa leste de Devon, calzada e costa do xigante, illa Gough e Illa Inaccesible, e Illa Henderson. O resto son culturais.

En 2012, o Comité do Patrimonio Mundial engadiu Cidade Mercantil Marítima de Liverpool á Lista do Patrimonio Mundial en Perigo, citando ameazas á integridade do sitio derivadas dos proxectos de desenvolvemento urbano planificados. O sitio foi desposuído da condición de Patrimonio da Humanidade en 2021.

Localización dos sitios 350px|miniatura|esquerda|Stonehenge forma parte do sitio patrimonio da humanidade da UNESCO de Stonehenge, Avebury e sitios relacionados. A lista da UNESCO contén un sitio designado tanto en Inglaterra como en Escocia (as Fronteiras do Imperio Romano, que tamén está en Alemaña) con outros dezaseis en Inglaterra, cinco en Escocia, catro en Gales, un en Irlanda do Norte, e un en cada un dos territorios de ultramar das Bermudas, Xibraltar, as Illas Pitcairn e Tristan da Cunha. Os mapas de abaixo mostran todos os sitios do Patrimonio da Humanidade actuais.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: do Reino Unido Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais. Descrición: breve descrición do sitio