UFO é unha banda inglesa de hard rock formada en Londres no ano 1968. Converteuse nun grupo de transición entre o primeiro hard rock e heavy metal e a new wave of British heavy metal. A formación actual do grupo está composta polo vocalista Phil Mogg, o guitarrista solista Vinnie Moore, o guitarrista rítmico e teclista Neil Carter, o baixista Rob De Luca, e o batería Andy Parker. O grupo pasou por varios cambios de formación, sendo Mogg o único membro constante, e separouse dúas veces (entre 1983 e 1984 e de 1989 a 1991). A banda tamén destacou por contar co antigo guitarrista de Scorpions e fundador de MSG Michael Schenker, que foi membro de UFO de 1973 a 1978 e posteriormente tocou esporadicamente entre 1993 e 2003, cando foi substituído por Moore. En maio de 2018, Mogg anunciou que se retiraría de UFO tras unha última xira como membro da banda en 2019. Posteriormente a banda decidiu continuar a súa xira de despedida en xullo de 2022. No mes de marzo Mogg tivo un ataque ao corazón e a segunda parte da xira, no mes de outubro, tivo que ser cancelada.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloUFO 11970BeaconUFO 2: Flying1971BeaconPhenomenon1974Chrysalis RecordsForce It1975Chrysalis RecordsNo Heavy Petting1976Chrysalis RecordsLights Out1977Chrysalis RecordsObsession1978Chrysalis RecordsNo Place to Run1980Chrysalis RecordsThe Wild, the Willing and the Innocent1981Chrysalis RecordsMechanix1982Chrysalis RecordsMaking Contact1983Chrysalis RecordsMisdemeanor1985Chrysalis RecordsHigh Stakes & Dangerous Men1992Razor/Castle CommunicationsWalk on Water1995Zero CorporationCovenant2000Shrapnel RecordsSharks2002Shrapnel RecordsYou Are Here2004SPV/SteamhammerThe Monkey Puzzle2006SPV/SteamhammerThe Visitor2009SPV/SteamhammerSeven Deadly2012SPV/SteamhammerA Conspiracy of Stars2015SPV/SteamhammerThe Salentino Cuts2017Cleopatra Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de space rock Categoría:Grupos musicais formados en 1968