Angelfish foi unha banda de rock alternativo escocesa de curta vida procedente de Edimburgo e formada como proxecto paralelo do grupo Goodbye Mr Mackenzie, despois de que a teclista e corista Shirley Manson asinase como artista en solitario para eludir o contrato discográfico existente dos Mackenzies. Angelfish editou un único álbum autotitulado, Angelfish, e dous sinxelos dos cales o primeiro foi o EP "Suffocate Me", que sería un éxito menor na radio universitaria."Garbage". Record Collector. 1 de febreiro de 1997

O video musical de "Suffocate Me" foi emitido unha vez no programa 120 Minutes da MTV, onde foi visto polo cofundador de Garbage Steve Marker."Garbage: Behind The Music". Behind The Music. 31 de marzo de 2002 Despois pedíronlle a Manson que se unise a Garbage e ela aceptou. O proxecto Angelfish disolveuse, mentres que Goodbye Mr Mackenzie continuou outros dous anos sen Manson.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloAngelfish1994Radioactive Records/MCA Records

Notas

Categoría:Grupos musicais de Edimburgo Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de dream pop Categoría:Grupos musicais de rock gótico Categoría:Grupos musicais formados en 1991