Diego Canga Fano, nado en Oviedo o 25 de decembro de 1964, é un avogado e alto funcionario da Unión Europea, designado como candidato á presidencia do Principado de Asturias polo Partido Popular, como independente ao non militar no partido, nas eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2023 .
Traxectoria
Licenciouse en dereito en 1987 na Universidade de Oviedo e completou a súa formación en dereito especial para asuntos europeos na Universidade Libre de Bruxelas en 1988 . Foi profesor adxunto de Dereito Internacional Público na Universidade de Oviedo en 1988 e 1989, para logo incorporarse como avogado á compañía auditora Arthur Andersen en Madrid, onde pasou dous anos antes de establecerse en Bruxelas, en setembro de 1991, como letrado no servizo xurídico da Comunidade Europea. Entre 1991 e 1994 foi administrador da secretaría xeral do consello e entre 1994 e 1999 administrador principal do servizo xurídico do Consello, primeiro para asuntos institucionais e máis de persoal, e dende xaneiro de 1996, asistente do director xeral CV de Diego Canga no Parlamento Europeo CV Diego Canga.
En 1999 entrou como adxunto do gabinete de Loyola de Palacio, vicepresidenta da Comisión Europea, como asesor xurídico; e en 2008 pasou a formar parte, como xefe adxunto, do gabinete de Antonio Tajani, vicepresidente da Comisión Europea responsable de Transportes, e ascendeu en 2012 a xefe de gabinete do vicepresidente da Comisión Europea e comisario de Industria, Empresas, Turismo e Espazo (Antonio Tajani) e acadou así o máximo rango no funcionariado da Unión Europea, posto que ocupou ata xullo de 2014. Entre 2012 e 2015 formou parte do consello asesor do socialista Javier Fernández Fernández, presidente do Principado de Asturias . Entre 2017 e 2019 foi xefe de gabinete do presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani.
En 2018 recibiu a medalla de prata do Principado pola defensa dos intereses da autonomía nas principais organizacións europeas . Dende novembro de 2022 é director de sensibilización, investigación e indicacións xeográficas da dirección xeral de agricultura e desenvolvemento rural da Comisión Europea.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Conferencia de Diego Cano en Oviedo en 2014: "Enseñanzas del caso Tenneco, ¿se podría repetir algo así?"
Categoría:Alumnos da Universidade Libre de Bruxelas Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Nados en 1964 Categoría:Avogados de España Categoría:Políticos de Asturias Categoría:Profesores da Universidade de Oviedo