A dos caprimulxinos (Caprimulginae) é unha das tres subfamilias de aves da orde dos caprimulxiformes nas que, segundo algúns autores, se subdivide a familia dos caprimúlxidos.Caprimulginae en Zoonomen. Consultado o 7 de xaneiro de 2023.
Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1825 polo político e zoólogo e irlandés, especializado en ornitoloxía, Nicholas Aylward Vigors, Subfamily Caprimulginae Vigors 1825 en fossilworks, Consultado o 7 de xaneiro de 2923. no seu traballo:Observations on the Natural Affinities that connect the Orders and Families of Birds, publicado en The Transactions of the Linnean Society of London 14 (3): 395–517.
Xéneros Os caprimulxinos comprenden once xéneros, con máis de 70 especies.. Caprimulgus Linnaeus, 1758 Eleothreptus G. R. Gray, 1840 Hydropsalis Wagler, 1832 Macrodipteryx Swainson, 1837 Macropsalis P. L. Sclater, 1866 Nyctidromus Gould, 1838 Nyctiphrynus Bonaparte, 1857 Phalaenoptilus Ridgway, 1880 Siphonorhis P. L. Sclater, 1861 Uropsalis W. Miller, 1915 Veles Bangs, 1918
Características Son paxaros de tamaño mediano, con ás longas, patas curtas e pico moi curto. Adoitan aniñar no chan. Aliméntanse de insectos voadores. Teñen os pés pequenos, pouco útiles para camiñar, e ás longas e acabadas en punta. A súa suave plumaxe ten unha cor críptica. Algunhas especies póusanse ao longo dunha rama. Isto axuda a ocultalos durante o día. A femia pon dous ovos directamente no chan espido. Son principalmente activos ao final da noite e no inicio da mañá ou pola noite e aliméntanse de insectos voadores grandes. O bico ábrese moi ancho e ten a punta superior lixeiramente enganchada. Son similares na maioría dos aspectos aos outros caprimúlxidos nocturnos, pero xeralmente teñen un pico un pouco máis longo e unha plumaxe moi suave.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía D. Winkler, S. Billerman & I. Lovette: "Nightjars and Allies (Caprimulgidae)", versión 1.0. En: S. Billerman, B. Keeney, P. Rodewald & T. Schulenberg. edit. (2020): Birds of the World. Cornell Lab of Ornithology. Ithaca, Nova York. Han, K.-L., Robbins, M. B. & Braun, M. J. (2010): "A multi-gene estimate of phylogeny in the nightjars and nighthawks (Caprimulgidae)". Molecular Phylogenetics and Evolution 55 (2): 443-453.
Categoría:Caprimulxiformes